Seis empresas presentan ofertas para reformar as piscinas de Campolongo

45

    • O Concello segue a traballar co calendario de adxudicar o contrato no mes de xuño, polo que a primeira reunión da Mesa de Contratación será a vindeira semana.

O Concello de Pontevedra recibiu onte seis ofertas para executar a reforma do complexo deportivo de Campolongo (Piscinas municipais), logo de ter pechado o prazo de presentación de proxectos. As empresas que se presentaron a este concurso son:

    • Carpa Servicios y Conservación S.L.
    • SIDECU S.A.
    • Dos Deporte Ocio Salud Ibérica S.L.
    • Civis Global S.L.U.
    • Ferrovial Servicios S.A.
    • Servicio S.L.

A previsión do Servizo de Contratación é reunir a Mesa de Contratación Municipal a vindeira semana (a ser posible antes da ponte do 1 de maio) para iniciar co proceso de valoración de ofertas canto antes.

As Piscinas de Campolongo remóntanse a 1994. Fíxose a primeira concesión até 1997, a segunda até o ano 2000 e a terceira até a actualidade. As instalacións están chegando até o esgotamento da súa vida útil, por iso a intervención pretende adecuar o interior á normativa actual; mellorar a eficiencia enerxética; e redimensionar a instalación asumindo un cambio profundo cun investimento de máis de 3,5 millóns de euros.

Faranse instalacións novas e outras reformaranse. Renovaranse todos os equipamentos como os vestiarios. Fíxose un prego que permite introducir melloras tanto no proxecto como nas prestacións, polo que ademais de valorar o propio proxecto de explotación, tamén se valorará o persoal.

O Concello achegará até un millón de euros, e o canon é cero.

O Goberno segue a traballar co calendario de ter adxudicado o contrato no mes de xuño.