‘Casa o`Rei’ de Ibuprofeno inaugura hoxe no Principal a Tempada de Teatro

20
  • Entre maio e xuño, o público poderá gozar de 4 espectáculos de teatro do país e de ámbito estatal no Principal e o Pazo
  • ‘Electra’ o vindeiro 13 de maio, ‘Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos’ o 15 e ‘El funeral’ con Concha Velázquez e Antonio Resines o 8 de xuño, completan a programación
  • As entradas están xa á venda anticipadamente na Casa da Luz e Ticketea a prezos que oscilan entre os 4€ e os 20€

A concelleira de Cultura, Carme Fouces presentou esta mañá o programa da Tempada de Teatro acompañada por Santi Cortegoso, autor e director do espectáculo co que bota hoxe a andar o ciclo hoxe ás 21h. no Principal: “Casa o`Rei”.

Carme Fouces destacou na súa intervención a calidade da dramaturxia galega que está a colocar o teatro galego a un nivel envexable que permite que concellos como o de Pontevedra, dispoñan dunha programación cultural moi elevada. “O teatro é unha ferramenta moi potente para trasladar a situación social de cada momento”. Tras adiantar os 4 espectáculos que compoñen a Tempada de Teatro – dous de teatro en galego que terán lugar no Teatro Principal e dous de compañías estatais, celebrados no Pazo da Cultura – Fouces destacou a importancia de pertencer e manter a plataforma PLATEA do INAEM, que “ademais de permitir que nós contratemos teatro de fóra, facilita que as compañías galegas xiren por todo o estado”.

Pola súa banda Santi Cortegoso comparte con Carme Fouces a idea de que “o teatro galego a nivel creatividade non ten nada que envexar ao resto de comunidades. Os espectáculos que saen fóra están a gañar premios e iso non é casualidade” e tamén o feito de que “os dramaturgos analizan a sociedade na que viven e o comparten co público. A nosa (“O furancho‟, “Raclette‟ e “Casa o `Rei‟) e unha triloxía gastonómica porque a sociedade
galega non se entende sen a gastronomía. Non é o tema central pero está sempre presente.

TEATRO PRINCIPAL
3 de maio ás 21h. – Casa o`Rei de Ibuprofeno Teatro
Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do “Rei Lear” de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.
Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.
Elenco: Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Victor Mosqueira, Xosé M. Esperante`

Entradas anticipadas aquí e no despacho da Casa da Luz a un prezo de 8€ (4€ para estudantes, parados e xubilados). De non esgotarse, 1h. antes na billeteira do Principal.Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida
sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a casa entre as súas tres fillas. Pero
o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo
novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e
adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte
dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as
receitas da súa vida

15 maio ás 21h. – ‘Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos’ de Matrioshka Teatro
Un percorrido pola vida e obra de María Victoria Moreno Márquez que se escribía
a si mesma coma “unha señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”.
Escritora, mestra, loitadora, artista, defensora da lingua, María Victoria Moreno é
pioneira da literatura infantil e xuvenil en lingua galega.
Este espectáculo camiña da man de María Victoria para revelar estados de ánimo,
ilusións, medos, incertezas e esperanzas, porque cremos, coma ela, que “As
persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos”.
As entradas para estes dous espectáculos, a un prezo de 8€/4€ para estudantes, parados e xubilados, están xa á venda anticipadamente na Casa da Luz e ticketea e, de non esgotarse, 1h antes na billeteira do Teatro Principal.

PAZO DA CULTURA
13 maio ás 21h. – ‘Electra’ de Companhia do Chapitô: con Nadia Santos, Jorge Cruz e Tiago Viegas
En Atenas iníciase unha guerra para liberar a Helena do seu secuestrador (ou
non, que hai quen di que marchou con Paris encantada da vida). Ao non ter
vento favorable para os seus barcos, Agamenón sacrifica á súa filla Ifixenia
por indicación dos profetas. Este feito provoca que Clitemnestra trame a súa
vinganza xunto a Existo, seu amante e curmán do rei. Logo de dez anos de guerra,
Agamenón é asasinado e Electra víngase asasinando aos amantes. E todo este
baño de sangue, con mooooitas culleres, e en clave de comedia desternillante.
8 xuño ás 21h. ‘El funeral’ de Pentación Espectáculos con Antonio Resines e Concha Velasco).

Lucrecia Conti, a actriz máis importante do cine, o teatro e a televisión de
España, falece. Asistimos ao gran velorio que o Ministerio de Cultura organiza
na súa honra nun teatro para que o público poida despedirse da súa admirada
estrela. As súas netas Ainhoa e Mayte poñen orde, porque as mostras de cariño
son inmensas. Tamén aparece Miguel, un curmán lonxano cun parentesco real
descoñecido. Todo cambia cando os asistentes quedan encerrados no teatro
porque a pantasma de Lucrecia se aparece para despedirse ao grande…
As entradas para estes dous espectáculos, cun prezo de 20€+ gastos, están á venda anticipadamente na Casa da Luz e ticketea e 2h antes na billeteira do Pazo.