O primeiro compost de Eduardo Pondal celebrarase cunha festa o 25 de maio

81

    • Consistirá nunha plantación de árbores e plantas de temporada, na que os nenos terán un especial protagonismo.

A Concellaría de Servizos ten previsto celebrar o vindeiro 25 de maio unha festa para celebrar a o primeiro compost do primeiro centro comunitario instalado no ámbito urbano: na rúa Eduardo Pondal.

Segundo informou esta mañá a concelleira de Servizos, Carme da Silva, consistirá nunha plantación de árbores e de plantas de temporada, así como o arranxo de todo o xardín no que se atopan os dous composteiros de Eduardo Pondal. Nesta cita terán un especial protagonismo os nenos.

Cabe lembrar que o centro de compostaxe comunitaria de Eduardo Pondal abriuse o pasado 3 de marzo e tivo que pecharse o 26 de abril xa que estaba cheo. Está tratando unhas 8,8 toneladas de biorresiduo, que estará listo a partir do día 25. Os veciños interesados poderán achegarse a participar na festa e tamén recoller compost.

Aínda que o Día Internacional da Reciclaxe é o 17 de maio, debido á que en Galiza se celebra o Día das Letras, e este ano Pontevedra ten un protagonismo especial por estar adicado á escritora pontevedresa, María Victoria Moreno, a Concellaría acordou trasladar esta festa ao seguinte venres, de tal xeito que os nenos tamén se poidan achegar até esta zona verde e participar da programación que está prevista.