17 de Maio: os libros galegos saen á rúa

65
  • Oito librarías instalarán postos de venda e un espazo de lectura na praza da Peregrina
  • As concellerías de Dinamización cultural e Normalización Lingüística promoven a cita que ten como obxectivo visibilizar o libro en galego

Visibilizar o libro en galego e poñer en valor as nosas librarías. Con ese dobre obxectivo as concellerías de Dinamización cultural e Normalización Lingüística promoven Os libros galegos saen á rúa.

Oito librarías instalarán o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, postos de venda e un espazo de lectura na praza da Peregrina, en horario de 11.30 a 14.30 horas e de 17.30 a 20.30 horas. As librarías que participan nesta iniciativa son as seguintes: Aviones de Papel, D-Lectum, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Paz e Seijas.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou hoxe a actividade que enmarcou no paraugas da Festa do Libro, que terá lugar na cidade os próximos 22, 23 e 24 de xuño. Unha programación que tivo unha primeira cita o pasado 23 de abril cando as librarías abriron as portas a un amplo abano de citas culturais (presentación de libros, contacontos, diálogos con autores/as…).