Pontenciencia incorpora alumnado de Secundaria na súa quinta edición

35
  • A Feira da Miniciencia de Pontevedra bate marcas: máis de 500 participantes, 12 centros educativos, 29 investigacións e 15 familias con 18 traballos propios
  • A Escola de Enxeñería Forestal acollerá os traballos e exposicións dos escolares de Primaria e das familias e a de Ciencias Sociais, os feitos polos estudantes de Secundaria
  • A exposición e presentación dos traballos da V Feira da Miniciencia de Pontevedrá serán os días 1 e 2 de xuño

 Todo listo para celebrar os próximos 1 e 2 de xuño a nova edición de Pontenciencia. A V edición da Feira da Miniciencia de Pontevedra chega con importantes novidades: por unha banda, a incorporación de alumnado de Secundaria e, por outra, a implicación de empresas locais e punteiras nas súas áreas.

A concelleira de Educación, Carme Fouces presentou hoxe a nova edición de Pontenciencia -a feira na que escolares e familias expoñen os traballos científicos desenvolvidos nos últimos meses- acompañada polos representantes de tres das catro empresas que este ano financiarán catro premios (de 300 euros cada un) entre os investigadoras/es que concorran a eles. As empresas son Setga, Cristalería Pontevedresa, Orballo e Hifas da Terra, todas elas desenvolven proxectos de I+Dí para avanzar nos seus proxectos produtivos.

Pontenciencia está organizada pola Concellería de Educación, a Universidade de Vigo e a FECYT (Federación Española para la Ciencia y Tecnología), en colaboración, entre outros, dos centros educativos e a FANPA. O proxecto, avaliado pola FECYT no marco da “Convocatoria de ayudas para el programa de cultura científica y de la innovación 2017” quedou baremado en terceiro lugar do Estado (acadou 94 dos 100 puntos máximos), destacando nas valoracións o acompañamento aos participantes durante todo o proceso de investigación, o fomento do intercambio de coñecementos e necesidades entre o profesorado e o persoal investigador, e que se atraia ao público familiar mediante un formato participativo.

Fouces subliñou que as novidades de Pontenciencia chegan nunha edición na que ademais se baten marcas de participación. Falamos de algo máis de 500 participantes -372 de Primaria e 36 de Secundaria- , 12 centros educativos, 29 investigacións de ás que hai que engadir os 18 traballos realizados por 15 familias.

Os centros educativos participantes son os seguintes:
Nove públicos: CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez, CEIP Santo André de Xeve, CEE Príncipe Felipe, CEIP San Martiño, CEIP Plurilingüe Froebel, CEIP de Marcón, CEIP de Vilaverde-Mourente, CEIP de Ponte Sampaio e CIFP Carlos Oroza
-Tres concertados: CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús, CPR San José, CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús de Placeres.

A elevada participación deixa pequena a sede habitual de Pontenciencia, a Escola de Enxeñería Forestal na que se exporán os traballos do alumnado de Educación Primaria e os das familias polo que haberá unha segunda sede: o vestíbulo da Facultade de Ciencias Sociais onde estarán os traballos dos estudantes de Secundaria.

Os horario de visita para os interesados en coñecer as investigación e presentacións da V Feira da Miniciencia son os seguintes
-Venres, 1 de xuño. De 9.45 a 13.45 horas. Primaria // De 16.30 a 19.30 horas. Secundaria

-Sábado, 2 de xuño
De 9.30 a 14.00 horas. Familias// 13.30 horas. Entrega de premios

As investigacións presentadas aos premios de Pontenciencia son:

  • Investigación “Luz UV aplicada a quirófanos rudimentarios”. Nuria Sueiro Martínez, Sandra García Pérez e Sara ven Dinter Beloso
  • Investigación “Farola solar”. Nuria Sueiro Martínez, Sandra García Pérez e Sara ven Dinter Beloso.
  • Investigación: “Silvicultura na illa das esculturas”. Iria Alén Caamaño, Sabela Álvarez Lariño e Laura Bacariza Baltasar
  • Investigación “ Por que sube o bizcoito suflé?”. Ana Otero Telmo, Victoria Suaárez Bello e Carla Pumares Otero.
  • Investigación “ Banda RockBótica”. Jorge Martínez Fernández, Carla Besada Pérez e Noelia Solla Prado
  • Investigación: “IX2Power”. Daniel Rivera Bonilla,Antón Vega Vidal e Breogán Pazos Otero.
  • Investigación: “Pontev3DRAMusical”. Alberto Omil Fontán, Guillermo Fernández Renda e Sandra Serán López.
  • Investigación: “RuidoXMusica”. Zoe Seoane García, Anxo García Villaverde e Eva Sieiro Trabazo.
  • Investigación: “Moito que contar”. José Antonio Area Argibay, Elena Romero González e Mariña Vilar Estévez.
  • – Investigación: “Mulleres na ciencia no instituto”. Cristina García Calvar, Andrea González Pontevedra e Mariña Guntiñas Rivas
  • Investigación: “Trigonometría accesible”. Sandra carabelos Acuña, Antía Dasilva de la Peña e Ainhoa Lois Corbacho.
  • Investigación: “Homofobia”. Helena Fraiz Rodrigo e Clara Candisano Guillanders
  • Investigación: “Mitos populares”. Helena Fraiz Rodrigo e Clara Candisano Guillanders
  • Investigación: “As mulleres e o deporte”. Uxía Brea Mariño
  • Investigación: “Play MusicApp”. (pendente do nome dos/das autores)

ACTIVIDADES

Pontenciencia inclúe un programa de actividades de divulgación científica e de promoción da investigación. As actividades son as seguintes:

Mulleres Faro: exposición e xogo sobre as mulleres Científicas.Vida e traballo de mulleres pioneiras no seu tempo.

Rumbo as Illas. Colaboración do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia. “Rumbo ás illas” é unha viaxe por terra e mar, dende a aula, na que descubrir a vida que habita neste territorio e as súas curiosidade.

Cómo funciona un telescopio. Imparte. FC3_Fundación Ceo, Ciencia e Cultura_UVigo
Dende que en 1609 Galileo apuntou un telescopio ao ceo por primeira vez, o noso coñecemento do Cosmos experimentou unha verdadeira revolución. E esta revolución de coñecemento astronómico avanza exponencialmente nos nosos días, da man dos grandes desenvolvementos tecnolóxicos en materia de telescopios, instrumentos e satélites.
Ciencia musical, experimentos sonoros con electromagnetismo e música electrónica con materiais cotiás. Imparte: Mateo Mena. Creación de sonidos a través de experimentos con música electrónica, recursos propios da electricidade e o magnetismo, reciclaxe electrónico…
2018 Ano Europeo do Patrimonio cultural: Arqueoloxía dos sentidos.
Imparte Tictura. Con esta actividade preténdese que os/as nenos/as tomen conciencia do valor do seu pasado así como transmitir coñecementos da prehistoria de forma lúdica.
Pensamento sustentable: electricidade e impresión 3D
Imparte: Vermislab. A pataca atopámola de xeito habitual en moitos dos nosos pratos, pero ten moitos outros usos! Neste obradoiro @s alumn@s aprenderán usar as patacas de diferentes maneiras: Como fonte de enerxía para usar diferentes aparellos como reloxos ou luces; Como materia prima para a fabricación de obxectos a través da tecnoloxía das impresoras 3D

Ciencia na cociña. Imparte: Alumnado do CIFP Carlos Oroza. Crear un “ovo de goma” capaz de rebotar sen que se rompa e estudar a perda da pigmentación dos compostos activos dos refrescos de cola ante unha alteración láctea.

As plantas tamén sofren. Imparte: Misión Biolóxica de Galicia_CSIC. Un achegamento á gran diversidade que existe na natureza de animais (insectos neste caso) e plantas mediante a observación de organismos vivos.
Mulleres científicas. Imparte: Ciencia divertida. Teatro científico que reivindica as mulleres intelixentes, emprendedoras, valentes, científicas..
Circuítos científicos. Imparte: Ciencia divertida Circuíto de experimentos científicos.
Como protexer as túas plantas con outras plantas. Imparte: Orballo. Con ortigas, fentos ou cola de cabalo podemos facer diferentes produtos para a agricultura ecolóxica.
Ciencia Visión. Proxección de audiovisuais de divulgación científica do equipo Divulgare, da Cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco e da Unitat de Cultura Científica i Innovació (UCC+i) da Universitat de Barcelona.
– Forma e gravidade en de la Sota. Imparte: Taller Abierto. Un obradoiro participativo para coñecer a Alejandro de la Sota a través daexperimentación coas formas, materiais e volumes do repertorio plástico e visual do arquitecto
– Como extraer ADN a unha fresa. Imparte: Diana Guallar e Miguel Fidalgo investigadores do CMUS. Nesta actividade, demostrarase como se pode aislar o ADN dunha fresa utilizando materiais caseiros comúns.
Detectives das fotografías. Creadora: Ana Rey Cao. UVigo. Descubre os estereotipos masculinos e femininos a través das fotografías.
Incendios Forestais en Galicia. Imparte: Serafin González_investigador do CSIC.Doutor en Ciencias Biológicas, Investigador Científico do CSIC. Investigador en 22 proyectos de investigación. Autor de 103 publicacións, 25 delas sobre incendios forestais. Director de 4 Tesis Doctorales. Vogal da SGHN – Delegación Ourense 1980- 1994 e Presidente da SGHN dende 1995.