Acondicionamos as praias de Lérez, Ponte Sampaio e Praceres de cara ao verán

35
  • O Concello investirá máis de 77.000 euros na posta a punto dos areeiros municipais
  • Realizaranse achegas de area nas praias de Ponte Sampaio e Praceres
  • Haberá socorristas nos areeiros de Lérez, todos os días de 12.30 a 20.30 horas, e de Ponte Sampaio, no mesmo horario durante as fins de semana e festivos

Labores de limpeza, achega de area, retirada de algas, reposición ou reparación de mobiliario urbano e de praia, balizamento…. O Concello de Pontevedra, a través da Concellería de Medio Natural, comezará os traballos de acondicionamento e posta a punto dos areeiros do municipio -praia fluvial do Lérez, Ponte Sampaio e Praceres- co fin de que estean nas mellores condicións de uso cara o verán. Na próxima semana comezarán os traballos que irán gañando en intensidade co paso dos días.

O Concello investirá algo máis de 77.000 euros nestes traballos de posta a punto das praias locais, elixidas por cada vez máis xente, como espazo de lecer pola súa proximidade e por ter arredor, no caso de Lérez e Ponte Sampaio, unha ampla área habilitada para as actividades de ocio e a práctica deportiva.

Como nos pasados anos, as praias fluviais contarán con socorristas para garantir a seguridade e integridade dos bañistas dende o 23 de xuño até o 9 de setembro. Este servizo de vixilancia e emerxencias estará en funcionamento de 12.30 a 20.30 horas, de xeito continuado, todos os días no caso da praia fluvial de Lérez e co mesmo horario, nas fins de semana e nos días festivos, no caso do areeiro de Ponte Sampaio.

A folla de ruta dos traballos de acondicionamento comeza co aporte de area ás praias de Praceres (Lourizán) e Ponte Sampaio o que, segundo as previsións baralladas por los servizos municipais, quedará listo antes de xuño e rematará coa limpeza dos areeiros nasemana anterior do chegada dos socorristas. No medio realizaranse tarefas de xardinería, reposición de material e mobiliario deteriorado, o balizamento, etc.

Até que chegue a tempada de verán a praia de Lérez, a máis urbana de todas -moi concorrida, e cada vez máis, cando hai bo tempo- acometérase as seguintes actuacións: reparación da pasarela, arranxo de sumidoiros, limpeza de baños e instalación do servizo de balizamento, ademais da limpeza xeral do areeiro e da contorna. Hai que lembrar que o Concello fixo recentemente unha importante renovación deste espazo: retirouse a area e a capa xeotéxtil que a protexe dos lodos do río para poñer unha nova capa e renovar toda a area.

Por lo que respecta á praia de Ponte Sampaio, os traballos previstos inclúen a achega de area, a limpeza e posta a punta do areeiro e a zona de lecer da Xunqueira, ademais da limpeza dos baños .

Na praia de Praceres tamén realizarase unha achega de area e neste caso haberá unha recollida de algas, xa que pola súa situación acumúlanse moitas ao longo de todo o ano