En marcha a reforma da rúa Virxe do Camiño

16

Esta semana comezaron as obras de reforma da rúa Virxe do Camiño. Así o planificaron o pasado xoves os técnicos implicados nas obras, tanto a dirección de obra como a empresa nunha reunión de coordinación. Este será o primeiro paso para pór en valor o Camiño de Santiago ao paso polos barrios urbanos, e ao que lle seguirá a rúa Gorgullón e a Ponte do Burgo.

A esta reunión asistiu o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez quen aclarou que “iso non quere dicir que empecen a picar o luns, senón que se iniciará gradualmente con vén sendo nestes casos: facendo medicións previas, abrindo o centro de traballo…”.

Ademais, na reunión tamén estivo a técnica de Cogami, en virtude do contrato asinado entre o Concello e esta entidade, para supervisar previamente o proxecto e os traballos dende o punto de vista da accesibilidade. A modo de exemplo, Demetrio Gómez sinalou que se trata dunha rúa que ten unha ampla superficie de plataforma única na que os invidentes deben ter referencias para camiñar con seguridade.

Despois desta reunión de coordinación, o concelleiro mantivo unha reunión con algúns comerciantes da rúa para explicarlles o plan de traballo. Estivo acompañado de representantes da obra.

Máis info: https://www.pontevedra.gal/2017/09/12/concello-incorpora-ao-modelo-pontevedra-barrio-da-virxe-camino/