Os 15bolos do Local de Música transfórmanse nos Bolos do Local

42

    • A Concellaría de Xuventude quiso evolucionar o programa para convertelo nun espazo de formación contínua aos grupos do Local para dirixilos cara ao negocio musical e de escea.
    • Dentro desta programación están incluídos: o concerto do Serán de tralla, o Son da Serea e o concerto da Peregrina.

A Concellaría de Xuventude vén de reenfocar o proxecto 15bolos do Local de Música que se pasa a chamar Os Bolos do Local. Segundo explicou esta mañá o concelleiro Alberto Oubiña, trátase de evolucionar o proxecto inicial de 15bolos para mellorar as posibilidades e potencialidades das bandas musicais de Pontevedra. Créase, polo tanto, un programa de formación musical e acompañamento durante o curso para mellorar a proposta de negocio, musical e de escena dos grupos musicais.

Neste proceso de formación, Os Bolos do Local conclúen con tres citas musicais:

    • Serán de tralla. Será o vindeiro 22 de xuño, no Local de Música. Este serán pretende darlle entrada aos grupos máis noveis, ofrecéndolles un escenario para tocar. Será como “o festival de fin de curso”. Nel tocarán: Hidden Hate; Waterproof; Ciclogénesis, Doctor Animal, Krazzie e Essa Galera.
    • Son da Serea. O 23 e 24 de xullo na praza do Teucro. Son os antigos 15bolos, que agora recibe o nome de Son da Serea lembrando á serea á que buscaba Teucro cando atopou a morte en Galiza. A lenda indica que foi a serea a que lle amosou o emprazamento da nova vila. En honor a Teucro tocarán, polo tanto, o día 23 de xullo: Los puta mierda, Kaootik, Fondo Norte, Brutal. E o día 24 de xullo: Frank?, Skril, Patricle e Onion Smile.

Son da Serea é unha formación medio-profesional que consiste nun proceso de formación presional sobre os temas máis importantes para pór en marcha o proxecto musical con bandas e solistas con certa traxectoria, pero sen dar o salto profesional. Compleméntase cun proceso de mentorización por profesionais do sector, e remata coa actuación na praza do Teucro.

As xornadas formativas veñen desenvolvéndose dende o pasado mes de abril coa presenza de Tomy Desastre da Sala Mardigras de A Coruña, Marcos Rivas da Sala Karma, ou Diejo Parajó do propio Local de Música. Está previsto para o vindeiro luns, 11 de xuño, a Ánxela Baltar do grupo Bala que abordará “Como facer para que un grupo funcione” e unha mesa redonda o 25 de xuño con grupos e axentes de Pontevedra.

O mentoring tamén comezará o vindeiro luns, 11 de xuño e desenvolverase até o 15 de xullo. Está concebido como sesións de traballo individualizado con Tomy de Mardigras; Ánxela de Bala e Marcos de Karma.

    • Peregrina: O 11 de agosto na praza da Peregrina. Glitter & Litter, teloneiros de Rosendo.

Ademais, o Local de Música tamén ten programado un Curso de produción de eventos que se desenvolverá do 18 ao 22 de xuño no  mesmo Local entre as 9 e as 14 horas.