As obras de Cruz Vermella comezan pola nova praza diante do CEIP Vidal Portela

50
  • A intención e que estea practicamente rematada en setembro para que os nenos e nenas podan usala cando volvan ás aulas
  • As obras arrancan o vindeiro mércores e teñen un prazo de execución de 10 meses
  • A retirada dos plátanos que hai ao carón de pavillón universitario será outras das tarefas primeiras dun proxecto que afecta a toda a contorna da rúa

A falta de rematar os últimos trámites administrativos “a golpe do vindeiro mércores (4 de xullo) comezarán as obras de Cruz Vermella”, unha ambiciosa actuación que afecta a esta rúa e a súa contorna e que inclúe a construción dunha nova praza ao carón do CEIP Vidal Portela.

O concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez, mantivo esta mañá unha xuntanza de coordinación cos técnicos municipais e responsables da empresa encargada do proxecto para falar do calendario a seguir na execución dos traballos.

Após dos tarefas previas (traslado do material, medicións, cálculos sobre o terreo…) arrancarán as obras “pola praza que se vai a crear entre Cruz Vermella e o colexio coa intención de que esté practicamente rematada en setembro, para que cando os nenos e nenas teñan que volver ás aulas podan seguir entrando por aí coa maior normalidade” sinalou Demetrio Gómez.

O comezo dos traballos implicarán o corte aoo tráfico dun treito da rúa Padre Gaite, entre o Pavillón universitario e a propia rúa Cruz Vermella o que obriga a deseñar e poñer en marcha un dispositivo de mobilidade antes de entrar de cheo na programación cultural e festiva do verán. O corte da rúa permitirá tamén observar as medidas de seguridade precisas para quitar os plátanos que hai ao carón da instalación deportiva “o que haberá que facer con moito coidado para non danar o pavillón pois as polas, inmensas, pásanlle por enriba” indicou o concelleiro de Obras.

A Xunta de Goberno local adxudicou a Covsa a reforma da rúa Cruz Vermella por un valor de 1.186.284 euros, incluíndo no prezo as melloras da beirarrúa de Padre Gaite (93.229,61 euros) e a reurbanización da praza da Castaña (61l229,64 euros). O prazo de execución das obras é dun máximo de 10 meses.

O proxecto de reforma Cruz Vermella inclúe catro actuacións:

– A rúa da Cruz Vermella máis a de Álvaro Cunqueiro na que se empatará a actuación coa obra xa feita. Gáñase espazo peonil con beirarrúas de máis de tres metros, ordénase o aparcamento nunha única beira da calzada e regularízase o mobiliario urbano. O tráfico a motor terá saída por Salustiano Portela Pazos, cara a avenida de Bos Aires.

– Rúa Salustiano Portela Pazo: Queda en dirección sída do barrio e cambiáselle ao lado do aparcamento

– Rúa Padre Gaite: Refaise a beirarrúa enteira e elimínanse os plátanos que son unha barreira na beira do Pavillón Universitario. Substitúense por novas árbores e ordénase todo o espazo con mobiliario, iluminación, árbores, tránsitos peonís…

– Nova Praza: É a actuación máis ambiciosa e quere prestar atención preferente ao centro de ensino permitindo que os nenos poidan ir sós ao colexio e poidan xogar na rúa. Tamén se lle dá un servizo parecido ao pavillón de deportes e ao centro da Cruz Vermella. O acceso e saída á praza será pola rúa Padre Gaite.