Máis de 4 millóns para reformar as Piscinas de Campolongo

48

A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra decidirá entre dúas empresas para reformar o complexo deportivo Piscinas de Campolongo. Son Civis Global e Serviocio. Ambas ofertan máis de 4 millóns de euros para reformar integralmente as principais instalacións deportivas da cidade.

A Mesa reuniuse esta semana para analizar as propostas das seis empresas que se presentaron a este concurso. No primeiro corte, analizáronse as ofertas de xestión deportiva e o anteproxecto de construción. Dúas empresas das seis presentadas non se atiñan aos prazos que recolle o prego, que era de 6 meses pero elas poñían un prazo superior. Ademais, ao respecto da sostenibilidade, eficiencia enerxética… o prego acordaba que había que ter, cando menos, 6 puntos, polo que unha terceira empresa que non tiña punto ningún quedou fóra.

Servicio, Supera e Civis Global quedaban para a seguinte fase, pero Supera recibiu só 16,73 puntos, e ao non chegar aos 22,5 puntos, quedou fora.

Na reunión tamén se abriu a oferta económica das empresas finalistas: Civis Global e Serviocio que terá que ser estudada cos técnicos e determinar si existe coherencia co plan de viabilidade do contrato. Ao respecto das ofertas das empresas, Civis Global propuxo unha redución das tarifas sociais do 70%, dun 1,5% do resto de tarifas, ofrece un canon de 25.000 euros/ano e non acepta o millón de euros públicos de investimento para a reforma. A oferta económica é de 4,1 millóns (o orzamento de licitación é de 3.067.654,29 euros).

Ao respecto de Serviocio, ofrece unha redución do 100% das tarifas sociais, dun 2,5% do resto de tarifas, 60.000 euros/ano de canon e non aceptará o millón de euros público de investimento. A oferta económica é de 4,6 millóns.

A reforma das Piscinas de Campolongo sería a maior obra pública que ten sacado o Concello de Pontevedra e suporá a reforma integral deste complexo deportivo.