O Concello actualiza a súa información cartográfica con imaxes 360º e tecnoloxia 3D

68
  • Fotografado e escaneado xa o centro histórico e a área urbana os traballos adéntranse agora nas parroquias
  • O planeamento urbano, o catastro, a xestión territorial e medio ambiental precisa de datos topográficos e cartográficos ao día
  • A golpe de clic podera fase medicións con precisión topográfica, inspeccións e auditar o estado do mobiliario, redes de servizo e infraestruturas de calquera lugar do territorio

Van 15 anos dende que se elaborou a información cartográfica de Pontevedra, uns datos que co paso do tempo quedaron obsoletos nunha porcentaxe significativa. Diante desta situación o Concello decidiu renovar (actualizar) toda a cartografía existente a escalas 1:1000, 1:2000 e 1:5000 e elaborar a ortofotografía dixital a 20 cm do municipio, o que equivale a unha extensión de 11.700 hectáreas.

Os traballos para modernizar a base topográfica e cartográfica da cidade están en marcha. O Concello de Pontevedra contratou a empresa Geograma -especialista no uso da tecnoloxía Mobile Mapping- para a realización dun fotografado (imaxes 360o) e escaneado (3D) das rúas, camiños e zonas verdes de todo o municipio.

Un vehículo dotado de sensores de posicionamento, cámaras de fotos e escáner 3D está percorrendo o territorio capturando toda a información precisa para a realización dun Street View profesional. Nesta fase a adxudicataria conta coa colaboración dun socio local, Geomati-K que é quen está a facer o traballo de campo.

Os traballos de fotografado e escaneado avanzan a bo ritmo, xa se fixeron no centro histórico e toda a área urbana e acaban de comezar nas parroquias. Só o tempo pode atrasar esta fase do traballo.

Con miles de fotografías 360o -unha panorámica cada 5 metros- e millóns de puntos medidos en 3 dimensións e unha información perfectamente protocolizada polos servizos técnicos, o Concello contará cunha ferramenta esencial para mellorar e axilizar a xestión municipal.

A golpe de clic poderase, por exemplo, medir a altura dun edificio, dun gálibo ou o saínte dunha cornixa; inspeccionar fachadas, rúas o camiños ou auditar inventarios de mobiliario, redes de servizo e infraestruturas ou calquera outro ben localizado no concello.

Dispoñer dunha cartografía actualizada é de gran utilidade en distintos ámbitos: no planeamento urbano, no catastro, na xestión de análise territorial e medio ambiental.

A actualización da información cartográfica é un proceso complexo que abrangue os seguintes pasos:

  • Voo fotogramétrico dixital (GSD 15 cm)
  • Apoio fotogramétrico de campo
  • Aerotriangulación
  • Restitución fotogramétrica (actualización escalas 1:1000, 1:2.000 e 1:5.000)
  • Revisión de campo
  • Edición de información cartográfica nas distintas escolas propostas e segundo o modelo de datos municipal establecido
  • Ortofoto dixital do municipio (20 cm).

A actualización da cartografía do término municipal de Pontevedra saiu a licitación por 111.500 euros e 11 foran as empresas presentadas ao concurso. O prazo de execución dos traballos é dun máximo de catro meses.