O Cristo da Bica volverá ao Rañadoiro este mes

28

    • O Concello realiza traballos de restauración deste cruceiro, un dos poucos policromados do concello, e que data de 1847.
    • Unha taller de restauración está a retirar dúas capas de pintura plástica para deixarlle as policromías orixinarias.

O Cristo da Bica regresará neste mes á súa situación orixinaria no lugar de Rañadoiro, parroquia de Ponte Sampaio, logo de que rematen os traballos de restauración que o Concello de Pontevedra acomete da man de Mercedes Cifuentes. Dende hai uns meses, este estudo traballa na limpeza e conservación do cristo de pedra policromada que data de 1847.

Está mañá o concelleiro responsable da parroquia de Ponte Sampaio, Raimundo González visitou os traballos de restauración acompañado do arquitecto municipal para comprobar que se están retirando dúas capas de pintura plástica que ten o cruceiro, pero se deixarán o resto de policromías oleosas (tiña até 13 diferentes) xa que datan de épocas distintas, informa da historia vivida polo cruceiro e se mantén a tradición do cristo pintado, ademais que dende o punto de vista da restauración, o obxectivo é recuperar as policromías orixinais.

O Cristo da Bica atópase nun cruce de camiños no Rañadoiro. Os veciños do lugar sonlle moi devotos de tal xeito que lle fan ofrendas, peticións e danlle esmolas coas que despois se empregan para sufragar a festa do lugar que é no mes de setembro. Historicamente, coas esmolas sobrantes despois da celebración da festa, o mordomo (un veciños do lugar) encargábase de pintar o cristo. As últimas veces que se pintou fíxose con pintura plástica, que mingua substancialmente a viveza das policromías iniciais e as formas da escultura.

Os traballos de restauración do Cristo da Bica culminan unha intervención máis ampla que o Concello comezou o pasado verán na súa contorna, no Rañadoiro. A escultura atópase adherida a un muro privado que foi cintado e restaurado. Retirouse un arco de ladrillo e unha cancela situados ao carón do Cristo, e se recolleron as augas pluviais do lugar.

O orzamento total das actuacións realizadas tanto no acondicionamento da contorna como no Cristo foi de 8.381 euros.