O Concello aproba a construción de 72 novas vivendas no centro urbano

155

    • Outorgou licenza a tres edificios: un de vivendas turísticas no Gorgullón e dous edificios novos na Unidade de actuación entre Joaquín Costa e Doce de novembro.
    • Tamén aprobou a nova pavimentación da estrada de Bora entre a Tomba e A Igrexa.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá tres licencias de obra para a construción de 72 novas vivendas no casco urbano. Trátase dun edificio de vivendas turísticas na rúa Gorgullón (6 vivendas nun inmoble de baixo máis dous pisos), outro de 40 vivendas na Unidade de actuación número 18, entre as rúas Doce de Novembro e rúa Río das Leitugas (inmoble de baixo máis seis plantas) promovido por Florida Galicia, e outro na mesma parcela de 26 vivendas na rúa Río das Leitugas promovido por Inmobiliaria Uruguai.

O portavoz do Goberno, Raimundo González destacou esta mañá que estas licenzas xunto a xa edificación do último edificio de Josefina Arruti, a revitalización do polígono urbanístico de Tafisa e da Unidade número 13, situada na Parda “amosa unha clara tendencia de recuperación do sector da construción, que deixa de ser algo máis que unha tendencia”.

Dende o Goberno enténdese que “non dá a impresión de que sexa flor dun día, senón que esta revitalización viu para quedarse”, coa repercusión directa que ten na man de obra.

Rehabilitación do firme en Bora

A Xunta de Goberno desta mañá tamén aprobou o inicio do expediente de contratación da rehabilitación estrutural do firme da estrada entre Tomba e A Igrexa, na parroquia de Bora. O prezo de licitación da obra é de 87.931,45 euros e un prazo de execución de 4 meses.