Un segundo camión escaleira para o servizo de Bombeiros

24
  • Luz verde ao contrato de mantemento da escaleira actual -de 37 metros de altura- por tres anos (un máis de prórroga) e 3.600 euros anuais

O Concello adquirirá un novo camión escaleira para o servizo de bombeiros, unha implementación do equipamento do parque municipal co fin de garantir a intervención do servizo de emerxencias nos sinistros máis complicados. O nova escaleira terá unha altura superior á existente na actualidade -37 metros, unha altura de 7 pisos- e prestacións superiores que as que ten o vehículo que está en uso.

Elaborado o prego de condicións técnicas do futuro equipamento, xa está no servizo de contratación.

Precisamente hoxe a Xunta de Goberno local aprobou a contratación do servizo de mantemento do camión escaleira dos bombeiros co fin de garantir o seu perfecto estado de uso para intervir cando sexa preciso, informou a portavoz do Goberno local, Carme da Silva. O contrato será por 3 anos, cunha prórroga dun ano e terá un custe de 3.600 euros anuais.

O Concello adquiriu a escaleira actual no 2010 e recibiuna ao ano seguinte. Falamos dun equipamento ad hoc e cun custe de arredor de 700.000 euros.

A portavoz do Goberno local e concelleira de Protección Cidadá, Carme da Silva, subliñou que “o parque de bombeiros de Pontevedra está moi ben dotado tanto a nivel técnico como humano”.

Ademais de 1 camión escaleira en uso, o parque móbil dos bombeiros de Pontevedra conta con:

  • 1 camión rescate/salvamento
  • 3 tanquees, de1ª saída
  • 1 vehículo nodriza
  • 1 bomba lixeira urbana
  • 1 furgón de rescate subacuático
  • 1 furgón de transporte de material
  • 2 todo terrenos