Chega o VI Festival das Núbebes, artes escénicas para bebés e familias

149
  • Dúas fines de semana intensos: teatro, danza, música, animación de rúa, obradoiros…. pensados para a cativada
  • Inclúe tres obradoiros para profesionais coa atención temperá como fío condutor
  • As entradas de pago estarán a venta en www.ticketea.com a partir do 14 de setembro, ás 9 horas

“Achegar ao universo bebé (nenos e nenas de 0 a 3 anos) o mellor das artes escénicas galegas e de fóra e formar aos profesionais que traballan a cotío cos máis pequenos”. É a dobre vocación que guía o Festival das Núbebes, que hoxe foi presentado pola concelleira de Cultura e Educación, Carme Fouces, acompañada por Andrea Bayer, de Boabab Teatro e o monicreque Roque.

O VI Festival das Núbebes para bebés e familias desenvolverase os días 21, 22, 23, 29 e 30 de setembro en espazos espallados pola cidade. Nesta ocasión ás sedes habituais: Casa das Campás, Casa Azul, Teatro Principal, praza do Teucro súmanse dous espazos novos: o CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais) e a sede social do Casino Mercantil (praza Curros Enríquez). Serán dúas fins de semana intensas na que haberá teatro, música, danza, obradoiros, animación de rúa, guerra de almofadas… un abano de actividades para gozar en familia dun lecer pensado para a cativada.

No Festival das Núbebes tamén hai cabida para a reflexións, nesta ocasión arredor da alimentación. O nutricionista Julio Basulto será o encargado de abrir o debate con dúas conferencias: Se me hace bola (11.30 horas, sábado 29) e Comemos lo que vemos en nuestros padres (16.15 horas, sábado 29)

As entradas para as actividades de pago están á venta en www.ticketea.com até agotar as localidades. A venta comeza o día 14, ás 9 da maña.

As entradas para as actividades de balde só poden retirar mesmo día da función (un máximo de 4 por persoa e espectáculo) na billeteira do Teatro Principal cos seguintes horarios: 10.30 a 13.00 horas para as sesións de mañá e de 16.00 a 19.00 horas para os espectáculos da tarde.

A formación para profesionais, que non aparece no programa, constará de 3 obradoiros cun eixo común: a atención temperá. Son os seguintes:

  • Atención temperá. Venres 21 de setembro. De 18.00 a 21.00 horas. Casa Azul (sala Almofrei). Imparte. María Bernárdez Pérez, coordinadora do Centro de atención temperá de Amencer-Aspace
  • A linguaxe de signos na primeira infancia. Domingo 23 de setembro De 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas). Casa Azul Imparte. XOGA (Organizacion de discapacidade sensorial de Galiza)
  • Entender a fisioloxía para respectar e avanzar. Domingo 30 de setembro. De 10.00 a 13.30 horas e de 16.30 a19.00. Casino Mercantil Imparte. Sonia Carbón Nóvoa, osteópata e fisioterapeuta

Sigue a información en: www.facebook.com/festivaldasnubebes twitter. @nubebes

Cartel_NUBEBES_2018

Políptico_NUBEBES_2018