- Ábrese o prazo de preinscrición presencial no Pavillón o martes 18 de setembro e estará aberto até o día 21 (horario: 8.30 a 13.30 horas)
- A preinscrición on line – a través da sede electrónica do Concello (procedemento 2016)- poderá facerse dende as 00.00 horas do martes 18 atá as 23.59 do día 23
- Coa preinscrición non se adxudica a praza, non hai prioridade de acceso. Cando a demanda supere a oferta nunha disciplina, farase un sorteo das prazas
O martes 18 de setembro ábrese o prazo para a preinscrición presencial nas Escolas deportivas municipais 2018-2019. As persoas interesadas poden dirixirse ao Pavillón Municipal, en horario de 8.30 a 13.30 horas. Tamén a partir do martes 18, as 00.00 horas e até o día 23, ás 23.59 horas poderase facer as preinscricións a través da sede electrónica do Concello (procedemento 206).
O Servizo Municipal de Deportes lembra que non hai prioridade de acceso, e dicir que o mesmo ten que a preinscrición se faga o primeiro día que o último pois cando a demanda supere a oferta farase o sorteo das prazas. No prazo de pre-inscrición non se adxudica a praza. Deste xeito garántase a igualdade de oportunidades para os/as solicitantes.
Para facer a preinscrición non hai que presentar ningunha documentación persoal agás o formulario oficial totalmente cuberto.
Das arreddor de 2.500 prazas ofertadas, todas subvencionadas, 1.560 son oferta pública e o resto son de xestión directa dos clubs para garantir a continuidade -segundo os criterios do club- dos nenos e nenas que comezaron o pasado ano a iniciación do deporte elixido.
Os deportes ofertados son os seguintes: Atletismo, tríatlon, baloncesto, rugby, fútbol, fútbol sala, voleibol, balonmán, esgrima, tenis, tenis de mesa, padel, bádminton, judo, loita olímpica, taekwondo, ximnasia rítmica, ximnasia acrobática e trampolín, orientación deportiva, xadrez e escalada deportiva.
O curso das Escolas deportivas municipais arrancará no mes de outubro e estenderase ate o 31 de maio de 2019.
http://deportepo.blogspot.com/2018/09/chegan-as-escolas-deportivas-municipais.html