Ponteverán-18, unha oferta de ocio seguida por centos de mozos e mozas

33
  • Propostas novidosas -Terra de zombies, robótica ou holografía- tiveron que duplicar o número de prazas ofertadas a causa da demanda
  • Oito das catorce actividades compretaron a totalidade das prazas e mesmo tiveron lista de agarda
  • Ponteverán é un programa de ocio estival que promove a Concellería de Xuventude

Calidade, cantidade e diversidade son os piares que definen o programa de ocio para a mocidade, Ponteverán, que promove a Concellería de Xuventude, dirixida por Alberto Oubiña, e no que participaron dun xeito activo 427 persoas: 226 mozas e 201 mozos.

Catorce propostas distintas – 21 actividades- conformaron a programación de Ponteverán-18, que este ano incorporou novidades que foron moi ben acollidas. Foi o caso de Terra de zombies e os cursos de robótica e holografía, que supuxeron o desembarco dos xogos de rol e das TICs máis avanzadas en Ponteverán e para as que foi preciso ampliar as prazas iniciais e mesmo duplicalas.

Porén hobo tamén citas “clásicas” como o campamento de tempo libre, as aulas da natureza, a noite europea dos mórcegos, a xornada de orientación deportiva ou os cursos de piragüismo. Citas, todas elas, que se repiten pola alta aceptación que rexistran cada ano.

Á hora de avaliar Ponteverán-18, dende a Concellería de Xuventude sublíñase o dato de que oito propostas cubriron a totalidade das prazas ofertadas, nalgún caso duplicouse a oferta de prazas iniciais e mesmo houbo lista de agarda. Falamos das seguintes actividades: campamento de tempo libre, aula da natureza (nos tres obradoiros), observación astronómica, noite europea de morcegos, obradoiro de cociña, robótica, holografía e os cursos de piragüismo (nas tres convocatorias.

No balance tamén hai que rexistrar a suspensión dunha das propostas iniciais ao non rexistrarse un mínimo de inscricións, foi o caso da estadía no medio natural que este ano tiña como destino as beiras do Miño a seu paso pola provincia de Ourense.

Ponteverán é máis que ocio xa que enriba da mesa pon unha oferta baseada en valores deconvivencia,igualdade,respectoaoambiente,promocióndaactividadefiśicaede coñecemento do patrimonio cultural.

O programa de ocio xuvenil Ponteverán-18 contou cun orzamento total de 15.250 euros e para a prestación dos servizos foron contratadas cinco pequenas empresas e profesionais autónomos e tres asociacións:Vaipolorío, o Club de Montañeiros e o Club de Piragüismo Río Verduxo de Ponte Sampaio.