O novo aparcadoiro de Tafisa e o viario de acceso engaden 350 prazas de estacionamento gratuítas á cidade

186
  • Pontevedra pon a disposición da veciñanza e visitantes dez aparcadoiros de borde que suman máis de 2.000 prazas de libre uso
  • A nova área de estacionamento na parcela do futuro edificio das Artes queda aberta ao público definitivamente

Queda aberto ao público definitivamente o novo aparcadoiro de borde, en superficie e de balde, situado na parcela pensada para o futuro edificio das Artes (antigos terreos de Tafisa), un espazo que ten cabida para preto de 150 vehículos. Porén o aforo real desta nova área duplica e máis a súa capacidade nominal xa que o viario de acceso ten estacionamentos en batería que suman outras 200 prazas de libre uso.

Este aparcadoiro fora aberto de xeito provisional -a falta do solo estabilizado- entre o 9 e o 26 de agosto, coincidindo coas festas da Peregrina. Concluído o tempo de asentamento da última capa de rodadura está listo para o seu uso.

A entrada ao novo aparcadoiro é pola rúa José Malvar, o mesmo acceso que para o aparcadoiro de auto caravanas. Nel fíxose unha actuación branda de xabre, non de asfalto na zona dada a intención da Universidade de Vigo de recuperar a parcela para construír alí o edificio das Artes. Mentres este proxecto non sexa unha realidade, o Concello de común acordo coa institución académica crea este novo estacionamento de borde.

O Concello de Pontevedra pon a disposición da veciñanza e visitantes máis de 2.000 prazas de estacionamento en superficie gratuítas en dez aparcadoiros de borde -ou disuasorios-, ademais dun párking de auto caravanas.

Aparcadoiros de borde existentes:

  • Aparcadoiro nos terreos do futuro Edificio das Artes, 150 prazas máis 200 na vía de acceso.
  • Cabeceira da ponte dos Tirantes (ao carón do parking de autocaravanas), 65
  • Ao carón do Estadio de Pasarón, 10
  • A Parda, 100
  • Explanada do recinto feiral e Rafael Areses 700
  • Xosé Manuel Pintos (fronte ao Pavillón Municipal), 300
  • Rúa Alexandre Bóveda, 155
  • Contorna do IES Torrente Ballester, 150
  • As Corvaceiras, 160
  • Mollavao, 185