Arranca na rúa Herminia Fariña a mellora da mobilidade na contorna do IES Torrente Ballester

86
  • A actuación afectará tamén ás rúas Virxilio Blanco, Manuel Colmeiro, Bibiano Fernández-Osorio Tafall e Urbano Lugrís

Mañá 20 de setembro comezará a obra de mellora da mobilidade e seguranza peonil na contorna do IES Torrente Ballester. A actuación arranca na rúa Herminia Fariña e terá continuidade nas rúas Pintor Virxilio Blanco, Pintor Manuel Colmeiro, Bibiano Fernández-Osorio Tafall e Pintor Urbano Lugrís.

A actuación prevista -lembra o concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez- cumprirá os estándares de calidade urbana do modelo Pontevedra: ampliaranse as beirarrúas, que no caso de Herminia Fariña obrigarán a deixar un único carril de circulación (de saída) 1o tramo, o que vai dende a avenida de Vigo á rúa Pintor Manuel Colmeiro; mentres que no 2o tramo, até a rúa Pintor Virxilio Blanco quedará de dobre circulación, de distribución de tráficos no barrio.

Á hora de redactar o proxecto de mellora de mobilidade na contorna do IES Torrente Ballester houbo que ter en conta dous condicionantes: por unha banda, o intenso tráfico peonil da zona, especialmente na rúa Herminia Fariña pola que cada día, de luns a venres, soben e baixan 580 alumnos/as do IES Torrente Ballester e por outra banda, o tráfico de saída (e de conxestión) desta rúa.

Os cruzamentos da rúa serán elevados, a un único nivel, a modo dunha pseudo- praza, o que dará aire a zona. O obxectivo é que sexan os vehículos os que teñan que salvar o desnivel existente en vez dos peóns. En resume sacarase o trafico de paso cara o borde do barrio e restrinxirase a circulación ao tráfico de necesidade

O proxecto saiu a licitación por 241.349,90 euros e as obras terán un prazo de execución de catro meses