O programa CaixaInfancia atende necesidades de nenos/as de 50 familias na cidade

18
  • A Mesa institucional do programa reuniuse no Concello para facer balance e apostar pola súa continuidade
  • Céntrase en actuacións socioeducativas e “ven a sumar non a substituír” aos servizos sociais

O Concello acolleu unha reunión da Mesa institucional do Programa CaixaInfancia na que se fixo balance do curso pasado e falouse do traballo a desenrolar no que agora comeza. Na xuntanza, presidida pola concelleira de Benestar Social Municipal, Anxos Riveiro, estiveron a directora xeral de Familia e Política Social da Xunta, Teresa Gutiérrez; Ramón García Cordobés, da Consellería de Educación; Mónica Permuy (directora xeral), Roberto Antón e Aurora Coega (coordinadora do programa en Pontevedra) da Fundación Meniños e Josep Oliva, responsábel do departamento de Loita contra a pobreza da Fundación La Caixa. Disculpou a súa ausencia a representante da USC.

CaixaProinfancia é un programa de accións socioeducativas que promove a creación de oportunidades de futuro á infancia e familias en risco ou situación de exclusión social. En Pontevedra traballan, no día a dia, con medio centro de familias da zona leste da cidade e de Monte Porreiro -que suman 87 nenos e nenas-, un traballo que na Boa Vila ten como referente á Fundación Meniños. Forman parte do programa a Fundación Secretariado Xitano, a FANPA, o Gabinete Inma Casabiell e a Sociedade Deportiva Teucro. Trátase dun traballo en rede coordinado cos Servizos Sociais do Concello e coa traballadora social da USMIX e centro de saúde da A Parda e os servizos de Orientación dos centros educativos.

Na xuntanza quedou constancia da “implicación do Concello” co programa CaixaInfancia que veu “para quedarse” mentres as circunstancias sociais o fagan preciso. Falamos dun programa que “chega para sumar, non para substituír” os servizos e prestacións sociais que cobren as administracións. Neste senso préstalle unha maior atencións a aspectos como deporte, ocio, servizos complementarios (protésicos, logopedias, axuda ao estudo….)

MESA INSTITUCIONAL cierre curso 2017.2018