Comezan as obras de substitución do lousado central da rúa Oliva

31

    • Está incluído dentro do Plan de Sostemento dos espazos peonís da cidade

A rúa Oliva atópase valada dende esta mañá para retirar o lousado central e substituílo por outro. A rúa está deteriorada dende hai varios anos, e neste tempo fóronse realizando substitucións con pavimentos diferentes. Pero as chuvias do pasado inverno levantaron grande parte das lousas que acabaron achando ou rompendo.

Ante esta situación, o Concello viuse na obriga de asumir a substitución de todo o paseo central da rúa -enmarcado nunha faixa de pedra- entre a praza da Peregrina e García Camba, con lastros diferentes aos actuais, aínda que mantendo a cor vermella.

Os traballos comezaron a primeira hora coa colocación do valado e a demolición dos  primeiros pavimentos. A obra irase desenvolvendo ordenadamente, traballando por tramos para poder ir abrindo os que xa estean rematados.

A mellora da rúa Oliva está incluída dentro do programa de sostemento dos espazos peonís da cidade xa se realizaron noutros puntos da cidade como na praza de España, na praza de Ourense ou na porta de Trabancas, entre outras.