Selo de correos e un gran mural na recta final do Ano María Victoria Moreno

44
  • O selo de colección verá a luz o 22 de novembro, data do 13 aniversario do pasamento da autora
  • O mural adornará unha parede da rúa Eduardo Pondal, fronte a ponte da avda de Vigo
  • O Concello distribuirá unha biografía da escritora nos centros de ensino e locais sociais 
  • Dous obradoiros de conta contos ilustrados achegará a figura de María Victoria Moreno aos nenos/as no Centro Leste e na Casa da Cultura de Monte Porreiro

Un mural, unha edición de selos de correo conmemorativo e de colección, conta contos e a distribución dunha biografía da autora nos centros de ensino e sociais porán o ramo á celebración do Ano María Victoria Moreno: a docente, escritora e activista da lingua -e pontevedresa por elección- homenaxeada nas Letras Galegas 2018.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou hoxe as actuacións que se van a desenvolver na último trimestre do ano. Son as seguintes

  • Dous obradoiros infantís de conta contos ilustrados sobre a figura de María Victoria Moreno, que terán como escenario o Local Social Centro Leste e a Casa da Cultura de Monte Porreiro
  • Edición dunha tirada de selos de correo (e reducida) para coleccionistas conmemorativo do Ano María Victoria Moreno. Sairán a luz o 22 de novembro, data na que se cumpre 13 anos do pasamento da autora

O Concello agasallará cun selo ás distintas administracións implicadas no Ano María Victoria Moreno, a institucións como a RAG, á familia da docente e escritora e aos centros sociais da cidade. Ademais as persoas interesadas en facerse cun selo conmemorativo poderá solicitalo no 3o andar do Concello -un por persoa- previa presentación do DNI.

• Compra e distribución de 500 exemplares dunha biografía de María Victoria de Joanne Lorenzo, con ilustracións de Tania Solla.

O Concello distribuirá os exemplares nos centros de ensino e centros sociais e culturais da Boa Vila

• Un Gran Mural amosará a pegada de María Victoria Moreno na cidade.

Debuxarase na rúa Eduardo Pondal, xusto fronte da ponte da avenida de Vigo na que está unha placa conmemorativa da autora – veciña da rúa- e onde arrancou durante estes meses o roteiro María Victoria Moreno.

O deseño é de Tania Solla e será executado Polo Correo do Vento. Segundo sinalou o concelleiro Alberto Oubiña o calendario previsto sinala o arranque do pintado para o día 14 de outubro. Nos días anteriores imparase a parede e levantarase a andamiaxe para facer a intervención artística.