Avanzan as obras do campo de herba sintética de Santa María de Xeve

32

    • O alcalde visitou esta mañá os traballos acompañado do concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, veciños, técnicos municipais e responsables da empresa construtora Covsa.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, visitou esta mañá o estado das obras de construción do novo campo de herba sintética de Santa María de Xeve, do que xa se pode ver a nova edificación dos vestiarios, almacéns e cantina, así como todo o terreo de xogo rasanteado. A obra aínda ten catro meses de traballos por diante.

A obra ten un custe de 859.953,23 euros e está sendo executada pola empresa Covsa cun prazo de execución de seis meses.

No lugar de Gatomorto, en Santa María de Xeve, téñense feito certas intervencións polo que se aproveitou o desmonte de anos atrás, así como a estrutura dunha edificación de vestiarios existente que se rehabilitou e mantense con pedra.

O terreo de xogo de Gatomorto é de 105,63 metros, unhas dimensións que permitirá ter un campo de fútbol 11 e dous de fútbol 7. Está previsto que teña catro vestiarios de xogadores e dous vestiarios para árbitros. Botiquín, enfermería e almacén. Segréganse as entradas de público e xogadores ao campo.

O campo cumprirá todos os requisitos esixidos pola FIFA para que poida ser un campo de competición oficial.

Este é o terceiro campo municipal de herba sintética que está en execución nestes momentos. Ademais do de Cerponzóns que xa está operativo, están en obra o de Ponte Sampaio e o de Campañó, cuxos traballos comezaron nesta semana. En fase de proxecto está o campo de Salcedo.