Comezan os encontros cos axentes sociais para perfilar os orzamentos 2019

20

    • A primeira reunión foi coa Federación Teucro.

O Concello de Pontevedra iniciou esta mañá os contactos cos axentes sociais para perfilar o orzamento 2019. A primeira reunión destes orzamentos participativos mantivérona o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González, e a tenente de alcalde, Carme da Silva, cos representantes da Federación de Asociacións de Veciños Teucro.

Esta primeira reunión responde á petición realizada o pasado ano por parte dos veciños, de poder iniciar as conversas antes da elaboración do borrador de orzamentos. No encontro fixeron repaso dos compromisos do pasado ano e presentaron algunhas peticións de carácter xenérico tanto da zona rural como urbana, que foron recollidas polo concelleiros.

A próxima reunión será coa Federación de Asociacións de Veciños Castelao, aínda por concretar a data.