Pontevedra, no debate de mobilidade sustentábel do xornal portugués Público

35
  • A concelleira Anabel Gulías estivo en Lisboa expoñendo cal é o reto das cidades do futuro, e a necesidade de deixarse de teorías e pasar á práctica.

Pontevedra asistiu ao “Open Day Mobilidade Sustentável: Transição para as Cidades do Futuro”, organizado polo xornal Público na cidade de Lisboa, no que participou a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías.

Baixo o título “Boas prácticas europeas / Cidades do futuro”, a concelleira fixo unha exposición sobre os retos das cidades do futuro, explicou as transformacións vividas en Pontevedra nos últimos 19 anos, e instou aos presentes a deixarse de partes teóricas e pasar á práctica.

Os asistentes, maiormente xornalistas, profesores, responsables de proxectos de investigación, traballadores públicos… interesáronse por como se pode compatibilizar o modelo de cidade cos diferentes ciclos políticos, e tamén cal foi o papel que desenvolveron os funcionarios públicos en todo este proceso.