O Concello acorda cos comerciantes de Cruz Vermella os espazos de estacionamento de vehículos

50

O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, mantivo esta tarde unha reunión cos comerciantes da rúa Cruz Vermella para presentarlles o sistema de estacionamento que está previsto na rúa e nos seus arredores, logo de que remate a obra de reurbanización, que será a finais deste mes.

Está previsto que a rúa Cruz Vermella se creen prazas de mobilidade de reducida, tamén espazos de servizos e tamén de carga e descarga; en Salustiano Portela Pazos e en Álvaro Cunqueiro créanse prazas de servizos; e finalmente en Padre Gaite, ademais de dúas prazas para mobilidade reducida, o resto de estacionamentos estarán reservados para Cruz Vermella.

Os comerciantes solicitaron un espazo de estacionamento de motocicletas que xa foi acordado na propia reunión.