Aprobadas as bases para cubrir 26 vacantes no Concello

508

    • Unha vez publicadas nos boletíns oficiais, os interesados poderán presentar as súas solicitudes no prazo de 15 días.
    • Son 26 vacantes de distintos corpos profesionais que sairán, parte en concurso libre, e parte en promoción interna.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá as bases xerais específicas que regulan a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Concello de Pontevedra. Trátase da Oferta de Emprego Público de 2017 cun total de 26 vacantes, que sairán publicadas nos distintos boletíns oficiais nas vindeiras semanas.

Os interesados poderán presentar a súa solicitude no Concello no prazo de 15 días, unha vez que saian publicadas todas as vacantes. Empezarán os procesos selectivos a continuación.

As prazas que se ofertan son as seguintes:

    • 7 prazas de administrativo (3 libres e 4 de promoción interna)
    • 3 de auxiliar administrativo (2 de promoción interna e 1 libre)
    • 1 técnico en conservación e mantemento de semáforos (Promoción interna)
    • 1 mestre electricista (Promoción interna)
    • 2 oficial electricista (Promoción interna)
    • 2 oficial de obras (Promoción interna)
    • 1 sepultureiro (Promoción interna)
    • 1 condutor mecánico (Promoción interna)
    • 8 operario (Quenda libre)

O Concello está a realizar nestes momentos os procesos selectivos para cubrir a oferta e emprego da Policía Local que son de 5 policías e 3 oficiais.