- Os catro novos centros de compostaxe comunitarios darán servizo a 1.200 persoas e estarán operativos en xaneiro
- A súa posta en funcionamento eleva a 13 os composteiros urbanos
O Concello de Pontevedra ven de colocar os módulos de compostaxe dos catro novos composteiros comunitarios da Parda, Camiño de Ferro e Ponte Boleira. A colocación destes módulos completa a instalación dos novos centros de tratamento de biorresiduos após da construción das bases e a instalación dos caixóns de estruturante.
A concelleira responsable do tratamento de residuos da cidade, Carme da Silva, informa que estes catro novos composteiros comunitarios atenderán a un mínimo de 1.200 persoas, chegando a tratar arredor de 184 toneladas ao ano. A súa posta en funcionamento, en xaneiro, eleva a 13 o número de centros de composta urbanos.
A incorporación dos novos técnicos de residuos -un técnico superior e tres auxiliares- ao cadro de persoal municipal, permitiu ao Concello iniciar a implantación de máis centros de compostaxe para ampliar o servizo e descargar a superprodución dalgúns dos instalados. De feito, os que hai no barrio de Eduardo Pondal están a recibir achegas de veciños da Parda (como así llo trasladan os usuarios aos mestres composteiros) e, nalgún caso como no de Ponte Boleira, o compós ten que ser retirado do centro antes de que remate o proceso de maduración, e ser madurado noutros puntos.