Plan de tráfico para a Cabalgata de Reis

176

Día: 5 de xaneiro

Hora: 18:00 horas

Itinerario: Xosé Malvar, Doutor Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena, Praza de España.

Horario de cortes de rúas:

    • Xosé Malvar (lugar de concentración e saída) sobre as 16:30 horas
    • Sobre as 17.30 horas (aínda que podería adiantarse dependendo da afluencia de público ou necesidades do servizo) no resto das vías afectadas.
    • Rúa Echegarai: lugar de recollida das carrozas para saída cidade. O peche desta rúa provocará, puntualmente, corte de tráfico en Alameda con desvío, saída cidade, a través da Ponte das Correntes.

Restriccións de estacionamentos

    • A partir das 08:00 horas prohíbese o estacionamento na rúa Xosé Malvar.
    • En Loureiro Crespo e Benito Corbal a partir das 12:00 h.
    • Rúa Echegarai (lugar de recollida carrozas) e Alameda (reserva estacionamento motos e taxis) a partir das 15:00 horas.
    • Dende hoxe está colocado o valado coa advertencia da data e hora da prohibición de estacionamento en todo o percorrido.

Co fin de evitar molestias aos cidadáns a Policía Local de Pontevedra prega a colaboración dos condutores e que permanezan atentos á sinalización circunstancial.

Os vehículos estacionados con antelación á colocación serán traslados a outro lugar; e os que estacionen con posteridade serán denunciados e retirados co guindastre municipal e abonarán as taxas correspondentes. 

 

Plano cos puntos de restricción de estacionamentos

Plano percorrido e mobilidade tráfico vehículos.

Recomendacións

    • A zona leste da cidade verase afectada. Recoméndase a entrada á cidade por Loureiro Crespo – Xoán Carlos I.
    • A utilización dos aparcadoiros disuasorios (ningún deles está afectado pola Cabalgata de Reis).
    • Evitar o transito de vehículos polo centro entre as 17:00 horas e 21:00 horas.
    • O tráfico restablecerase unha vez que os sevizos de limpeza municipal rematen o seu labor.
    • A mellor alternativa para cruzar Pontevedra dun lado a outro recomendase a autoestrada AP-9.
    • Por mor da concentración das carrozas ao remate da cabalgata na rúa Echegarai, procederase ao peche ao tráfico da rúa Alameda cara a Echegarai polo que o tráfico de saída por Ponte da Barca se efectuará pola Ponte das Correntes.