- Hai tres propostas para a modalidade de persoa física: Carmen Abeledo Márquez, Francisco Barbeito Castro e Manuel Barreiro Cabanelas
- As outras tres son para a modalidade de persoa xurídica: O Centro de Recursos Educativos da ONCE, as Mariscadoras de Lourizán e Solidaridad Internacional
O Concello de Pontevedra pechou o rexistro para presentar candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra 2018. Foron seis as propostas formalizadas, tres na modalidade de persoa física e tres na de persoa xurídica. Son as seguintes:
Persoas físicas:
- Carmen Abeledo Márquez, enfermeira, presentado por traballadores do Centro de Saúde da Parda.
- Francisco Barbeito Castro, fundador de Cristalería pontevedresa, presentado por AJE
- Manuel Barreiro Cabanelas (1896-1950) filántropo e empresario, presentado por Asociación de Veciños de Laxedo, A Lama.
Persoas xurídicas:
- Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE, presentado pola Asociación Síndrome de Down “Xuntos”
- Mariscadoras de Lourizán, presentada pola Asociación pola Defensa da Ria (APDR).
- Solidaridad Internacional, presentado por Comerciantes das Galerías Oliva
O xurado reúnese o vindeiro luns, 14 de xaneiro. Os galardóns entréganse nun pleno extraordinario de honra que se vai a celebrar o luns 21 de xaneiro, ás 13.00 horas no Teatro Principal, ao día seguinte da festividade de San Sebastián ao coincidir en domingo.