Estacionamento de servizos en Perfecto Feijoo e Cruz Vermella para recoller aos rapaces do Vidal Portela

18
  • A consecuencia da remodelación da rúa Cruz Vermella, é preciso reordenar as necesidades de mobilidade na zona.

Practicamente rematadas as obras de reforma da rúa Cruz Vermella, o Concello está a abordar as necesidades dos distintos colectivos derivadas dos cambios de mobilidade da rúa. A pasada semana o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez mantivo un encontro coa Anpa do CEIP Vidal Portela, para ordenar os espazos nos que poderán estacionar para recoller ou deixar aos nenos que se trasladan en coche ao centro de ensino. Até o de agora empregaban a traseira do colexio que foi transformada nunha praza.

As alternativas que propón o Concello é a zona de servizos da rúa Perfecto Feijoo así como a de Cruz Vermella que se ampliarán de 08.00 a 20.00 horas para que poidan ser empregadas polas nais e pais ao longo do día, incluso para as actividades extraescolares.