Chega PonteAndadas 2019 cun reto na carteira: Pontextrem (31 km)
1526
‣ Cinco andainas que conxugan actividade física e goce da contorna natural e do patrimonio
Actividade física e goce do patrimonio natural e cultural conxúganse en PonteAndadas, o
ciclo de roteiros que promove a Concellería de Deportes da man de Naturgaliza Club e
que nesta ocasión incorpora charlas-debate sobre saúde e unha andaina-extrem, de 31
quilómetros que nace para seren un referente desta modalidade e un reclamo para atraer
xente de fóra. Esta proba extrem percorrerá o perímetro de Pontevedra e para a xente
con menor preparación física haberá un circuíto de 16 quilómetros.
A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro presentou hoxe PonteAndadas-2019 convidando
á participación nunha actividade consolidada que promove o deporte, a socialización e a
inclusión, ademais de dar a coñecer a nosa contorna e patrimonio. Ao seu carón Juan
Romero e Xavier Piñeiro de Naturgaliza.
O pasado ano foron 1.469 as persoas que participaron nas seis andainas programadas
(das 2.056 inscritas). Delas o 70% foron mulleres.
Nesta ocasión PonteAndadas s inclúe dúas charlas sobre saúde, que terán lugar na Casa
da Luz e cinco roteiros (seis se contamos o intercalado na andaina-extrem).
Programa.
Charlas-debate. Casa da Luz.
23 de marzo, ás 17.30 horas. Sendeirismo e saúde: consellos, material, sinalización….
21 de setembro, ás 17.30 horas. Senderismo: Importancia do exercício físico e vida saudable, nutrición. Efectos da vida sedentaria.
Andainas
7 de abril. Ruta de Campañó
Saída: diante da igrexa de San Pedro de Campañó, ás 10 horas. 12 km. Dificultade media-alta. Duración aprox. 3 horas.
12 de maio. Ruta de Marcón.
Saída: Casa cultural de Marcón (PO-542) 14,5km. Dificultade media. Duración 3,5 horas
8 setembro. Pontextrem
Saída: Illa das Esculturas. 31 km (extremo) 16 km (desafío). Extremo. Duración 6,5 horas Desafío, 3,5 horas
6 outubro. Ruta Lourizán
Saída: Complexo deportivo Rías do Sur. 12,4 km. Dificultade moderada. Duración 3 horas
10 novembro. Ruta urbana
Saída: praza de España. 12 km. Dificultade baixa. Duración 2,5 horas.
Inscrición:
A inscrición no circuíto de andainas de Pontevedra realizarase envíando un correo electrónico cos datos persoais (nome completo, DNI, data de nacemento, enderezo electrónico e teléfono de contacto), xunto có xustificante de ingreso a ponteandadas@gmail.com ou no teléfono 625482636
Inscricións presenciais na Casa da Luz (praza da Verdura), os mércores de 11.00 a 12.00 horas.
O prezo de inscrición é de 8 euros para o circuíto completo e de 2 euros por andaina individual agás a PonteExtrem que ten un custe de 4 euros. O pago da inscrición deberá facerse mediante transferencia bancaria ou ingreso a nome de Naturgaliza Club na conta bancaria ABANCA ES82 2080 3116 0330 4000 8694.