A carreira Ponle freno regresa a Pontevedra o 29 de xuño

    1

    ‣ A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro asistiu esta á presentación celebrada en Madrid.

    O Concello de Pontevedra participou na presentación oficial do circuíto de carreiras Ponle Freno 2019 que traerá á cidade de Pontevedra unha nova competición solidaria. Será o vindeiro 29 de xuño e a súa recadación irá íntegra para o apoio ás vítimas de accidentes de tráfico.

    A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro trasladouse até ás oficinas centrais da aseguradora AXA, un dos organizadores do evento, para participar nesta presentación como convidada especial ao igual que o Concello de Barcelona.

    Máis info: Ponle freno