Aprobada a liña de subvención das Escolas deportivas 2018/19

77
  • Nos vindeiros días sairá publicada no Boletín da provincia e os interesados terán un prazo de 15 días hábiles para solicitar a axuda.
  • A contía global da subvención é de 142.000 euros.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a liña de subvención para o desenvolvemento de actividades de iniciación deportiva no concello de Pontevedra, denominadas, Escolas deportivas. É a subvención da anualidade en vigor 2018-2019 para a que existe unha partida de 142.000 euros, repartida en:

  • Escolas deportivas: 108.000 euros
  • Actividades deportivas realizadas polas Anpas dos centros de ensino do rural: 24.000 euros
  • Actividades deportivas desenvoltas por grupos especiais: 10.000 euros.

Nos vindeiros días estas bases sairán publicadas no Boletín da provincia de Pontevedra, e dende ese momento as entidades terán un prazo de 15 días hábiles para solicitar a subvención.

O número de rapaces e rapazas beneficiados con estas subvencións serán:

  • 1.800 no caso das escolas deportivas
  • 600 no das parroquias
  • Sen límite nos grupos especiais.

Ademais, a subvención por alumno é de 

  • 60 euros no primeiro grupo
  • 40 euros no segundo grupo
  • en función do número de matriculados (até esgotar a partida).

Estas axudas están pensadas para a promoción da actividade deportiva entre os nenos de 6 a 14 anos, de Educación Infantil até a ESO.