O servizo de bombeiros dótase cun novo camión cunha plataforma de 43 metros

    1
    • A empresa Incipresa foi a adxudicataria ao facer unha oferta de 828.000 euros. Ten un prazo de entrega de 10 meses.

    A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a adxudicación á empresa Incipresa da merca dun novo camión para o servizo de bombeiros. Trátase dun vehículo cunha plataforma de 43 metros (equivalente a 14 pisos) o que supón que quedarán cubertas todas as edificacións de Pontevedra. O camión ten un motor de 390 cabalos e un prezo de adxudicación de 828.850 euros.

    Incipresa terá que pagar unha fianza de 34.250 euros para confirmar o contrato e un ten un prazo de 10 meses para carrozar o vehículo e entregalo, polo que o Concello poderá dispor del cara finais de ano.

    A empresa adxudicataria tamén recollerá o camión avariado e abona ao Concello 9.075 euros.