Volve A pé de rúa

112
  • O primeira cita da nova quenda é o vindeiro sábado 16 de marzo na reformada rúa Virxe do Camiño
  • Anabel Gulías: “Non hai mellor escaparate que unha rúa chea de xente, unha rúa bonita e ben coidada”

Regresa A pé de rúa, unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica e da Cidade para visibilizar o comercio local das distintas rúas da cidade, fóra do eixo central. A iniciativa enmárcase nunha estratexia global de creación dunha marca para promocionar o comercio da cidade: Pontevedra Capital Shopping.

A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, presentou hoxe a nova quenda de citas A pé de rúa, certa de que “o mellor escaparate para o comercio local é ter un espazo público en condicións, de alta calidade urbana e por iso as reformas que se fan nas rúas teñen importancia para mellorar a calidade de vida das persoas residentes mais tamén para mellorar a vida do noso comercio”.

“Non hai mellor escaparate que unha rúa chea de xente, unha rúa bonita e ben coidada”, conclúe a concelleira.

As seguintes citas de A pé de rúa, todas en horario de 11.00 a 14.00 son:

  • Sábado, 16 de marzo. Virxe do Camiño/ José Casal
  • Sábado, 23 de marzo Cruz Vermella
  • Sábado, 30 de marzo Cruz Gallástegui
  • Sábado, 4 de maio Rúa Suecia
  • Sábado, 11 de maio Rizando o rizo

A pé de rúa conxuga reivindicación e aposta polo comercio local con diversión: música, obradoiros infantís e descontos especiais.

Cartaz- Datas A pé de rúa