O Concello completa a senda peonil da Ponte do Couto até a avenida de Vigo

84
  • Os traballos inclúen a reconstrución da beirarrúa dende a rúa do Pino; eliminar un carril de circulación no último tramo, e completar a senda peonil creando un paso que una Josefina Arruti coa avenida de Vigo.

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana a mellora do último tramo da avenida de Vigo e o seu entronque co nó do Pino. Trátase dunha intervención para mellorar a mobilidade co propósito de pechar o circuíto dos peóns e tamén o axardinamento da zona.

As obras consisten na reconstrución da beirarrúa deste último tramo (entre a rúa do Pino e o propio nó) na marxe dereita de saída da cidade, seguindo os estándares da reforma realizada no resto da rúa. 

Elimínase un carril de circulación, mantendo un só como no resto da rúa. O espazo sobrante incorpórase á zona verde do Pino que tamén será tratada con céspede e a plantación de arborado.

O proxecto tamén inclúe completar a senda peonil que vén da Ponte do Couto (Salcedo) e remata nunha pista de terra antes de chegar a Josefina Arruti. O proxecto propón completar esta senda levando ao camiñante até o paso de peóns de Josefina Arruti e continuando a ruta pola zona axardinada até a avenida de Vigo.

Aínda que non é un traballo moi grande, si é importante, xa que é un punto da cidade na que se toca o rural e o urbano; ademais de ser unha das entradas á cidade que é importante que estea en boas condicións.

Saúdos  ;-))