O Salón do Libro revoluciona a cidade con máis de 300 actividades

134
  • Unha troca de libros de segunda man, a participación do alumnado do Rocklab, os encontros con autoras ‘Lemos e somos VIP’ ou o espectáculo que o Salón levará á Residencia de ancianos de Campolongo, son algunhas das novidades.
  • O programa contará con dúas novas propostas de roteiros pola cidade: ‘Unha cidade de conto’ que percorrerá as librarías con contos e probas e o guiado por Manuel Lourenzo
  • Non faltarán as estreas teatrais como o espectáculo ‘Mai Mai’ de Baobab teatro, nin os espectáculos para bebés, música, obradoiros de cociña e actividades tamén fóra do Pazo nas librarías ou establecementos de hostelería
  • O recinto feiral, que non pechará ao mediodía durante as fins de semana contará cunha cantina lusófona na que degustar petiscos da cultura convidada.

A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou esta mañá o programa completo do 20 aniversario do Salón do Libro, “un proxecto que se creou hai 20 anos -baixo o mandanto de Luis Bará – con ánimo de revolucionar a a cidade e agromou cun claro compromiso co idioma, a cultura do país e os/as seus creadores/as. Converteuse nun proxecto cultural enorme polo que pasaron María Xesús López Escudeiro, Lola do Pico e Anxos Riveiro  e, aínda que xa nos parece normal que o Salón abra as súas portas cada ano para achegar o mellor da literatura infantil, a música e o teatro, é excepcional, manter un programa como o do Salón durante 20 anos e a este ritmo.. Non hai un evento similar en todo o país.”

Logo de agradecer o traballo realizado durante estes anos polos responsables políticos, profesionais do mundo do libro, ambientación, monitorado, organización e prensa, pasou a debullar un programa máis amplo que nunca que chegará ás 300 actividades e nas que cabe destacar moitas novidades:

Por primeira vez terá lugar dentro do Salón, o domingo 7 de abril, unha troca de libros, coordinada polo IES Torrente Ballester, organizada polos centros de ensino e ANPAS da contorna. Unha xornada lúdica e literiaria na que buscamos prolongar a vida dos libros e na que no faltará a música, de man do RockLab, con ‘Contos, cancións e electricidade’. Unha colaboración que se establece este ano por primeira vez, co afán de integrar outros proxectos do Concello e coa que contaremos tamén para clausurar o Salón o venres 12  de abril co espectáculo ‘Veñan máis vinte’

Esta non será a única colaboración que se estableza e tal e como comentamos o outro día ao avanzar a programación relacionada coa cultura convidada e 50 establecementos (Cafetín, Kamal, Barbol, Tábula, Loaira, etc) incluirán nas súas cartas petiscos lusónos igual que os que se poderán degustar na cantina do Recinto Feiral que, por primeira vez, permanecerá aberto a mediodía nas fins de semana con este servizo.

Se o espazo gastroliterario do recinto que adiantamos a semana pasada (libros  e obradoiros de cociña impartidos por Amelia Andrade, o recinto contará con outro espazo novo de Banda Deseñada, cunha biblioteca e dúas exposicións de Kiko da Silva. Un espazo que seguro atraerá a mocidade, outra das grandes protagonistas do Salón que amplia e diversifica a oferta de actividades destinadas ao público adolescente, será a través da incorporación ao programa de Noites Abertas (rastrexos, cociña lusófona e scape book) e cos encontros ‘Lemos e somos VIP’ con autoras como Marilar Aleixandre, María Reimóndez, Fina Casalderrey ou a cantante SÉS.

Eses encontros chegarán tamén as librarías nas que se realizarán numerosas actividades un ano máis e que formarán parte, como novidade, do roteiro ‘Unha cidade de conto’ que enfiará contos e probas no percorrido. Novo tamén, e dentro do espírito de levar o Salón pola cidade o roteiro literario guiado con Manuel Lourenzo.

Tamén por 1ª vez levaremos unha actuación musical ‘Alegría’ de Sergio Tanus e Marta Bravo á Residencia de maiores de Campolongo á que tamén asistirá alumnado do CEIP Campolongo, o venres 5 ás 12:00h. “Unha actividade que coidamos vai ser moi emotiva e pecha o ciclo da vida no que os maiores son nenos de novo e precisan de alguén que lles conte contos”, sinalaba Fouces

O día 2 de abril, da Literatura Infantil, contará cunha programación especial entre a que cabe destacar a homenaxe a Antonio García Teijeiro, a estrea do espectáculo ‘Po e xía’ e pola noitiña para público adulto o espectáculo poético musical ‘Cría fama e bótate a correr’ de Aldaolado no Museo.

Tamén é novidosa a inauguración co espectáculo o sábado 23 ás 12:00h co concerto ‘Paseniño, paseniño: 20 anos de revolución con coro do IES A Xunqueira, o quintento de metáis do Concervatorio, Pavís Pavós, Raquel Queizas, dirixidos por Marcelo Dobode.

Comoa actividades exitosas que forman parte do programa ano tras ano, non faltarán no Salón os espectáculos de teatro, musicais e para bebés.

A concellaira destacou a estrea de Baobab  co seu espectáculo ‘Mai Mai’, “unha maravilla de espectáculo que fala dun oso panda e toca temas como a diversidade e a revolución medioambiental.  Outros espectáculos teatrais serán  Momo, ou Patapatum, que contarán tamén con pases concertados con escolares en horario matinal.

Son tamén estreas todos os espectáculos musicais do auditorio (sábados ás 19h, 3€) a de Magín Blanco ‘A nena e o grilo máis aló’ e María Fumaça o ‘Comboio da lusofonía’, ‘Cancións para desafinar’ da Gramola Gominola, ou o de balde no anfiteatro do recinto o segundo domingo, ‘Conto contigo’ de Paco Nogueiras.

Os domingos serán tamén a xornada dos bebés e poderemos gozar co teatro de Os Naufragos ‘Comenoites’ , o espectáculo musical ‘Crash babies’ de We Tum Tum o 31e o  24 co espectáculo  ‘Afinal o caracol’ de Andante Teatro  o 7

Teatro en galego para público adulto ‘Helena’ de Teatro Atlántico o xoves 28 e ‘Celebración’ de Sarabela Teatro o xoves 4 ás 21h. no Teatro Principal.

A maiores do congreso de mediación –  que segundo sinalou Carme “o ano pasado acadou unha dimensión moi importante e este ano medra como un espazo de formación e encontró onde partillar coñecementos” –  a formación estará presente con 5 masterclass de ilustración con Ana Biscaia, Afonso Cruz, André Neves ou a escola de lectura para familias ‘Ler para dar de ler’ que tanto éxito tivo o ano pasado e terá lugar os días 1,3,4 e 5 de abril.

No eido das actividades concertadas con escolares colaboradores (preto de 60 que representan sobre 6000 alumnos/as), das que este ano “se extendeu a duración para dar cabida ao elevado número de participantes e reducir o ratio por actividade, incrementando  a calidade das mesmas”  terán lugar dúas quendas díarias de 4 contacontos e 4 obradoiros para alumnado de primaria, durante 8 días e a última semana, do 8 ao 12 con dúas quendas de contacontos destinados a infantil. Os colaboradores de secundaria participarán na festa dos clubes de lectura o día 5, o día 10 en dúas quendas do obradoiro ‘Manga, iso que é’ con Kiko da Silva, cineforums e encontros.

En total máis de 300 actividades para todos os públicos e en toda a cidade das que a concelleira convidou a participar sinalando que “xa non é tan importante o número de público como que todo o mundo que se achegue ao Salón leve algo pegado á pel ao marchar’.