A cidade en imaxes, os nenos e nenas protagonistas

408
  • O proxecto inclúe un concurso de fotografía e tres xornadas fotográficas para a cativada
  • Aberta a inscrición para participar no concurso a través de www.pontevedra.gal/cidade-en-imaxes/

O Concello de Pontevedra -a través da Concellería de Promoción da Cidade e da man con Taller Abierto- promove a primeira edición de A cidade en imaxes, un proxecto vencellado ao modelo de cidade dos nenos e nenas que somos e que inclúe un concurso de fotografía e tres xornadas fotográficas para nenas e nenos.

– I edición do concurso de fotografía A cidade en imaxes. A xogar! A temática xira arredor de como as nenas e os nenos viven o espazo público de Pontevedra, co obxectivo de recoller testemuñas da calidade de vida e a autonomía da cativada na nosa cidade.

Poderá participar no certame toda persoa maior de idade que o desexe, sexa profesional ou afeccionada á fotografía. A imaxe gañadora será premiada con 800€.

O prazo de recepción de propostas abriuse hoxe 14 de marzo, ao mediodía e pechará o día 22 de abril ás 23.59 horas.

-Xornadas fotográficas para nenas e nenos. O programa inclúe tres xornadas fotográficas dirixidas a nenas e nenos, de 8 a 12 anos, que percorrerán a cidade para fotografar o que lles chame a atención da súa contorna. As instantáneas serán feitas con cámaras dun uso e serán reveladas e seleccionadas para formar parte dunha publicación do Concello de Pontevedra cun deseño orientado á promoción turística da cidade

As xornadas terán lugar na Casa da Luz nas seguintes datas:

• 23 de marzo, de 12.00 13.00 horas

  • 23 de marzo, de 12.00 13.00 horas
  • 30 de marzo, de 11.00 a 12.00 horas
  • 30 de marzo, de 12.00 a 13.00 horas

Formularios de inscrición e bases do concurso en: www.pontevedra.gal/cidade-en- imaxes/