O voluntariado dos mundiais de tríatlon fórmanse nos primeiros auxilios

19
  • As voluntarias e voluntarios participan hoxe nesta xornada na rúa que impartirá a Cruz Vermella. 
  • O Concello continúa coa promoción deste gran evento deportivo que porá sobre Pontevedra o foto entre o 26 de abril e o 5 de maio.

O Concello de Pontevedra segue nestes días coa promoción dos mundiais de tríatlon Multisport que se celebrarán no concello do 26 de abril ao 5 de maio. Hoxe está prevista unha actividade centrada nos voluntarios que colaborarán na organización deste gran evento deportivo na cidade.

En colaboración coa Cruz Vermella, os voluntarios participarán nunha xornada de formación en primeiros auxilios. A actividade farase en plena rúa. De feito, o grupo de voluntarias e voluntarios dividirase en dous: uns traballarán na praza de Méndez Núñez e outros trasladaranse á Ferraría.

A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro visitará estes labores a partir das 17.00 horas, para seguir apoiando a este nutrido grupo de persoas que desinteresadamente colaborarán e apoiarán nos labores deportivos da proba. Na actualidade están inscritas máis de 300 voluntarias e voluntarios.

Ademais, de cara á vindeira semana tamén está prevista unha nova xornada de formación, neste caso un curso de recoñecemento turístico de Pontevedra tamén pensado para o voluntariado do mundial.