A un día de inaugurar o Salón, a revolución chega ao Museo coa exposición de ilustración portuguesa ‘MOTIM’.

21
  • A mostra, composta por 38 pezas de recoñecidxs e premiadxs artistas do país veciño, permanecerá visitable ata o 28 de abril.
  • Mañá, sábado 23 ás 12:00 horas o Salón bota a andar co espectáculo ‘Paseniño, paseniño: 20 anos de revolución’ e a apertura de portas da man de Orbil cara as 13:00h.

A concelleira de Cultura, Carme Fouces, inaugurou esta mañá xunto ao deputado de Cultura Xosé Leal a mostra ‘MOTIM. Movimento de ilustração Portuguesano Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Tamén asitiu ao acto Mafalda Milhões, artista e comisaria da mostra creada por Carpe Librum e O Bichinho de Conto, con apoio da Direção-Geral do Livro, dos Arquivos e das Bibliotecas (DGLAB) de Portugal.

Carme Fouces agradeceu primeiramente a cesión dun “espazo tan acaído” ao Museo de Pontevedra, “un lugar de cultura e referencia ao que se achegará non so o público en xeral senón alumnado de diferentes centros esolares, facultades, etc.” Logo de agradecer tamén a presencia de parte da delegación de autoridades e profesionais chegados do Brasil, Carme sinalou o título da mostra: ‘Aínda que non se chama así pola revoución, nada mellor que un motín para entender o que significa. Das revoltas normalmente saen cousas moi interesantes. É unha escolma do mellor do Noroeste da península que paga a pena visitar con calma”. Para pechar a súa intervenión a concelleira de Cultura adiantou que o acto precedía á inauguración oficial do Salón, mañá as 12:00 horas, convidado a todo o mundo a asistir e desexando “que veñan 20 máis”.

Xosé Leal, que apuntou ao Salón como “un dos eventos máis relevantes do país, catalogado como tal pola Axencia de Xestores Culturais” a agradeceu o feito de poder acoller  “un arte que está en auxe agora, ligado a moitas disciplinas artísticas e que permite achegar a cultura lusófona da que bebemos os galegos, máis a través do tema da revolución.

Mafalda Milhões, sinalou a variedade nas técnicas e a natureza das obras que teñen como característica común o recoñecemento recibido polos seus autores e autoras, xa que moitos deles foron, entre outras distincións, Premios Nacionais de Ilustración de Portugal como Afonso Cruz ou Ana Biscaia – que estarán nos próximos días impartindo diferentes actividades dentro do programa do Salón. Tras afirmar que “un manifesto é algo que acontece para desordenar, mudar de sitio o que estaba aparentemente ben e un creador é un revolucionario activo que proxecta permanentemente as súas ideas” convidou a gozar da mostra gozando dos pequenos detalles e non ver só as ilustracións a nivel dos ollos, “se estamos atentos imos ver millóns de revolucións. Podemos empregar a mostra como un taboleiro de lectura, buscar os máis de 20 paxaros que hai espallados nela,etc. A ilustración é como un xogo de linguaxe e comunicación’

Artistas da mostra: Abigail Ascenso; Afonso Cruza, Ana Biscaia, Ana Sofia Gonçalves, Anabela Dias, André da Loba, André Letria, António Jorge Gonçalves,  Bernardo Carvalho, Carla Nazareth, Catarina Sobral, Cátia Vidinhas, Danuta Wojciechowska, Evelina Oliveira, Fátima Afonso, Fatinha Ramos, Fedra Santos, Gémeo Luis, Gonçalo Viana, Helder Teixeira, Helena Zália, Joana Rosa Bragança, João Fazenda, João Vaz de Carvalho, Madalena Matoso, Madalena Moniz, Mafalda Milhões, Manuela Bacelar, Margarida Botelho, Marina Palácio, Marta Madureira, Marta Torrão, Rachel Caeano, Sebastião Peixoto, Susa Monteiro, Teresa Cortez, Teresa Lima, Yara Kono.

Inauguración Salón do Libro

O XX Salón do Libro bota a andar mañá ás 12:00 horas co concerto inaugural ‘Paseniño, paseniño’: performance, música e contos para celebrar estes vinte anos de revolución lectora e render homenaxe á lusofonía e á poesía de Antonio García Teijeiro. Participan o Quinteto de Metais do Conservatorio de Pontevedra, o coro do IES da Xunqueira I, Nee Barros, Pavís Pavós e Raquel Queizás baixo a dirección de Marcelo DoBode.

Asisten o Alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, a concelleira de Cultura Carme Fouces, o agregado cultural da Embaixada de Brasil Marcelo Hasunuma, Antonio García Teijeiro, e ilustradorxs e contadorxs de Brasil entre outrxs.

A apertura de portas do Salón terá lugar cara as 13:00 horas e ás 13:30 comezarán os ‘Contos Revolucionarios’ da man de Raquel Queizás e Benita Prieto (Brasil).

Podedes consultar o programa do Salón, aquí.