E en abril… Galegote Rock

360
  • O festival de música galega, en galego e en directo terá lugar os días 25, 26 e 27 de abril
  • Catorce concertos, en locais pechados e espazos públicos, en tres días, amosarán a calidade da escena musical do país
  • Seis grupos (de rapaces de 13 a 16 anos) xurdidos ao abeiro do programa Xeración Sónica estrearán os seus temas nun dos concertos

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou hoxe a oitava edición do Galegote Rock, o programa de música en vivo que promove o Cocnello de Pontevedra co fin de dar a coñecer intérpretes e grupos de distintos estilos e achegar ao público “unha ampla oferta de música de calidade, feita en galego e en directo, tanto en locais pechados como en prazas, rúas e xardíns”. Ao seu carón, Marcos Rivas, da productora Jack-Jack quen desvelou o programa. O festival terá lugar os dias 25, 26 e 27 de abril.

O Galegote, segundo subliñou Alberto Oubiña, mantén as mensaxes que o definiron na súa orixe: “a querenza pola música en galego, a difusión da lingua galega e da calidade musical do país e o interese por chegar á xente máis nova, que é o futuro do país e da lingua”.

O programa deste ano artéllase arredor de catorce concertos de distintos estilos, incluíndo un protagonizado polos seis grupos de mozos e mozas xurdidos ao abeiro do programa Xeración Sónica que estrearán os seus temas. Xeración Sónica é un proxecto artístico musical da Concellería de Xuventude para rapazas e rapaces de 13 a 16 anos.

A entrada a todos os concertos e actividades é de balde. Pódese consultar máis información nas redes do Galegote Rock: FB galegoterock e Instagram: https:// www.instagram.com/galegoterock

Programación do Galegote Rock 2019

Xoves 25 de abril

  • 20.00 horas. A Taberna do Jazz. Ela e Dylan, as Flores Solitarias
  • 21.00 horas. O Diaño. High Paw
  • 22.00 horas Sala Karma. Boyanka Kostova

Venres 26 de abril

  • 21.00 horas The Groove House. Sr. Anido
  • 22.00 horas. El Pequeño. Gancho Sanches

Sábado 27 de abril

  • 12.00 horas. O Campiño. Marcelo Dobode (Presentando Turoqua)
  • 13.00 horas. Rúa Sor Lucía. Pantis
  • 14.00 horas. O Campiño. Xeración Sónica: Mushu, Alan, Rebel Spirit, Kid Cobra, Froalla e Ith!
  • 15.00 horas. Praza Méndez Núñez. Manuele Caamagno
  • 17.00 horas. As Palmeiras. Grilo
  • 18.00 horas. As Palmeiras. Chicharrón
  • 19.00 horas. As Palmeiras. Oh! Ayatollah
  • 20.00 horas. As Palmeiras. Malandrómeda
  • 21.00 horas As Palmeiras. Terbutalina