Pontevedra leva o seu modelo até Dublín

34
  • Tivo protagonismo no marco dunhas xornadas sobre cambio climático que se celebran na Oficina do Parlamento Europeo no capital irlandesa

O Concello de Pontevedra participou esta mañá nunha xornada organizada pola Oficina do Parlamento Europeo en Dublín para abordar o cambio climático na capital. Até alí se trasladaron os concelleiros de Promoción da Cidade e Obras, Anabel Gulías e Demetrio Gómez, que expuxeron os logros de Pontevedra na mellora da calidade de vida dos veciños, unha exposición que suscitou moitas preguntas entre os presentes.

A xornada trataba de abordar como Dublín debe afrontar o cambio climático, e a participación de Pontevedra pretendía ofrecer a visión dende a redución de vehículos, co obxectivo de expandir este modelo ao resto de cidades irlandesas.

A eurodiputada Lynn Boylan foi a encargada de presentar a Pontevedra, que compartiu palestra co responsable de transporte público de París.