Xeración Sónica mira cara as empresas do Puntazo

31
  • Obxectivo, promover sinerxías para sacar adiante un proxecto de innovación colaborativa en responsabilidade social (RSE).
  • A Casa da Luz acolle, ás 20.00 horas, un encontro no que posibles patrocinios ou mecenados estarán enriba de mesa

Xeración Sónica da un paso adiante e preséntase ás empresas de Pontevedra ten Puntazo co fin de darlles a coñecer o seu proxecto e tratar de abrir un camiño de colaboración comercio local-axentes sociais, artellando un proxecto RSE (Responsabilidade Social Empresarial) en Pemes.

O encontro tivo lugar na Estudo Bonobo e nel estivo o alcalde Miguel Fernández Lores e concelleiro de Normalización Lingüística e Xuventude, Alberto Oubiña

Xeración Sónica é un proxecto de titorización de proxectos musicais e audiovisuais enfocado a rapazas e rapaces de 13 a 16 anos. Trátase dun proxecto impulsado polo Concello de Pontevedra e que se desenvolve no Local de Música, no que converxen varios axentes do ámbito social: educación, pois trátase dun proxecto educativo; cultura, pois parte do traballo en artes, utilizando a música como elemento de cohesión social; de normalización lingüística, xa que se impulsa o uso da lingua galega como elemento de expresión; de orientación profesional, xa que prepara á mocidade na capacitación profesional nos ámbitos musicais e do audiovisual; de inclusión e benestar social, pois conta con alumnado bolseiro coa axuda da Fundación Meniños; e cunha vontade de promoción económica a través da participación das empresas do Puntazo.

O obxectivo final deste proxecto consiste na gravación dun disco e unha serie de vídeos e concertos que rexistren os resultados do proceso creativo. Un avance do resultado terémolo no Galegote Rock, onde seis grupos xurdidos baixo a marca Xeración Sónica estrearán os seus temas nun concerto que terá lugar no Campiño de Santa María o vindeiro 27 de abril.

Xeración Sónica propón ás empresas de Pontevedra ten un puntazo un proxecto de innovación colaborativa en responsabilidade social (RSE). Enriba da mesa poñen a posibilidade de -partindo da reputación corporativa como axente de cambio- participar a través de patrocionios ou mecenados na creación de produtos de comunicación que contribúan ás respectivas historias das empresas.