Soterrada a liña de alta tensión de Monte Porreiro

40

Hoxe daban por concluídas as obras de soterramento da liña de alta tensión que atravesou durante décadas o barrio de Monte Porreiro. Nun acto no que estivo a empresa responsable da baixada do cableado UFD (filial de Naturgy), o Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia, deuse por rematada esta obra que supuxo o soterramento de 1.600 metros de cableado dende a subestación de Mourente até a beira do río Lérez.

O concelleiro Alberto Oubiña asegurou que era un día para “celebrar porque era unha demanda histórica da veciñanza”, unha reivindicación tamén apoiada polo Concello para un barrio no que viven máis de 5.000 persoas “que agardo que dende hoxe disfruten”, indicaba Alberto Oubiña, quen manifestou a vontade do Concello por manter as colaboracións que sexan precisas “para mellorar a calidade de vida dos veciños”.