7 espectáculos de maio a novembro compoñen a Tempada de Teatro do Pazo da Cultura

548
  • O abono para todo o ciclo, que bota a andar o 10 de maio con „¿Quién es el señor Schimitt?‟ de Javier Gutiérrez e Cristina Castaño, ten un custo de 110€ (100€ prezo reducido)
  •   Gonzalo de Castro, Tristán Ulloa, Alicia Borrachero, Elena Ballester, Pablo Puyol, Adriana Torrebejano, etc son algúns/unhas dos protagonistas dos restantes espectáculos.
  •  O prezo para as pezas teatrais é de 20€/función (18€ prezo reducido) e a de danza, „Growing Young‟ de 12€ (10€ reducido)

7 espectáculos terán lugar no Auditorio do Pazo da Cultura entre maio e novembro de 2019 dentro do ciclo „Tempada de Teatro‟ que achega o mellor do panorama das artes escénicas a nivel estatal mediante a participación no programa INAEM – Platea, que facilita tamén que espectáculos do país, xiren por toda a Península.

A escolma está composta por un único espectáculo de danza, „Growing Young‟ (4out19) e 6 pezas teatrais das que forman parte artistas da categoría de Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Gonzalo de Castro, Tristán Ulloa, Pablo Puyol, Alicia Borrachero, Adriana Torrebejano ou Elena Ballester entre outros/as.

As entradas estarán á venda anticipadamente a partir de mañá, xoves 11 ás 12h. en Ataquilla.com e a Casa da Luz. O formato de venda e individual a un prezo de 20€ (18€ para estudantes, parados e xubilados) + gastos para o teatro e 12€ (10€ para estudantes, paraos e xubilados) + gastos para a danza ou abono para todo o ciclo por 110€ (100€ reducido) + gastos.

‘¿Quién es el Señor Schimitt?’ – 10 de maio ás 21:00h.

O señor e o señora Carneiro cean tranquilamente na súa casa, cando de súpeto soa o teléfono. Pero os Carneiro non teñen teléfono. O misterioso interlocutor insiste en falar cun tal señor Schimitt…E o que é máis estraño aínda, os Carneiro descobren que están encerrados no interior dunha casa que non parece a súa casa: os cadros cambiaron, os libros non son os seus libros, a roupa dos seus armarios non lles pertence…O pánico apodérase de todo. O pesadelo non fixo máis que comezar.

Son seica o señor e a señora Carneiro, sen sabelo, o señor e a señora Schimitt? Quen está tolo? Quen está en posesión da verdade? El? Ela? Os “outros”? O espectador? Quen é o señor Schimitt?

Director: Sébastien Thiéry
Reparto:Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Armando Buika, Xabier Murúa, Quique Fernández.

Cicerón’- 27 de setembro ás 21:00h.

Josep María Pou poñerase na pel dun Cicerón consumido polo seu desexo de inmortalidade e o seu anhelo de marcar a posteridade coa súa traxectoria vital. O aspecto familiar e cotián atópase co pensamento político e filosófico nesta peza de nova creación, que ofrecerá unha profunda reflexión dramática sobre a realidade política, social e cultural da historia universal.

Director: Mario Gas
Autor: Ernesto Caballero
Reparto:José María Pou, Miranda Gas, Bernat Quintana.

‘Growing Young’ – 4 outubro ás 21:00h.

Growing young é unha homenaxe ao espírito que move a alma de Dantzaz: en crecemento constante, sen perder a enerxía, a curiosidade, a inocencia e a desenvoltura da mocidade, conectados a un grupo en constante cambio e cunha identidade permanente. É un abrazo cariñoso para dúas persoas que encarnan á perfección este espírito, Branca Razquin e Jean- Paul Dunand, os nosos dous “novos” fotógrafos que nos contaxian coas súas ganas de vivir, a súa enerxía renovada cada día e a súa mirada curiosa e inquieta.

Director:Fernando Sáenz de Ugarte

Bailaríns:Pauline Bonnat, Riccardo Ciarpella, Karlijn Dedroog, Ioritz Galarraga, Thijs Hogenboom, Juliana Javier, Miren Liceaga, Fernando Luis, Jean-Baptiste Prieur-Capdevielle, Iker Rodriguez, Teresa Royo, Iker Sanz e Olaia Valle.

El precio’ – 20 de outubro ás 21:00h.

Dous irmáns reencóntranse no faiado da casa familiar despois de 16 anos sen falarse. En breve, a casa debe ser derrocada e, Víctor, un humilde policía a piques de retirarse, e a súa muller Esther convocan ao irmán maior, Walter, cirurxián de éxito, a un encontro co taxador para decidir o prezo dos vellos mobles familiares. Están no faiado, examinando os obxectos depositados baixo unha capa de po, pero estes vellos trastes non son o único que hai na casa: tamén hai unha chea de recordos, pantasmas que farán pensar aos protagonistas en como poderían ser as cousas se, en certo momento, tomasen outras decisións.

Directora: Sílvia Munt
Reparto:Tristán Ulloa, Gonzalo de Castro, Eduardo Blanco, Elisabet Gelabert.

‘Play off’- 25 de outubro ás 21h.

Play off é unha traxicomedia que transcorre no vestiario dun equipo de fútbol feminino. As protagonistas son mulleres novas que adoran a súa “profesión”, apaixonadas e ambiciosas. A obra reflexiona sobre o papel da muller e o deporte feminino nunha sociedade que aínda manifesta un machismo feroz en moitos ámbitos.

Play off acontece nunha tarde, o partido máis importante da vida das nosas protagonistas. No vestiario aflorarán as envexas, os soños, as dúbidas e os medos dunhas rapazas que o único que queren e vivir a súa paixón.

Director:José Luís Arellano García

Reparto: Cristina Bertol, Neus Cortés, Ana Escriu, Yolanda Fernández, Cris Gallego, María Romero, Cristina Varona.

‘Perfectos desconocidos’ – 15 novembro ás 21:00h.

Un grupo de amigos de toda a vida queda para cear, alguén ten algo que contar… Un deles propón un xogo: compartir as mensaxes e chamadas dos seus móbiles durante a cea. Alguén ten algo que ocultar? Xogamos?

Director:Jesús Címero

Reparto:Alicia Borrachero, Antonio Pagudo, Fernando Soto, Elena Ballesteros, Jaime Zataraín, Inge Martín, Ismael Fristchi.

‘Muerte en el Nilo’ – 22 de novemebro ás 21:00h.

Unha historia de amor obsesivo. Por iso non envellece e por iso é a mellor de todas.

Agatha Christie escribiu 66 novelas, escribiu relatos curtos e obras de teatro, pero un título sobresae por encima do resto. Un título que non só evoca morte, misterio, aristocracia e asasinato, se non que evoca amor, paixón e mocidade perdida. E aí reside o segredo de por que Morte no Nilo nos esperta un sorriso. É o sorriso cómplice do que amou e do que pensou que podería facer ou perder todo por amor. Porque Morte no Nilo é, por encima de todo, un relato de amor. Con todas as luces e sombras e todos os significados que esa palabra comporta. Con toda a súa beleza e toda a súa miseria. É á fin e ao cabo o retrato da alma humana.

Director:Víctor Conde.

Reparto: Pablo Puyol, Adriana Torrebejano, Cisco Lara, Ana Rujas, Ana Escribano, Miquel Garcia Borda, Sergio Blanco, Lorena de Orte, Paula Moncada, Dídac Flores.