O Mundial de Tríatlon disporá dunha app turística “oficial” cedida ao Concello pola Asociación de Hoteleiros de Pontevedra

117
  • Poderase descargar gratuitamente durante o evento e inclúe audioguía e xeolocalización das probas, actividades e citas lúdicas asociadas ao pentacampionato
  • O Concello incorporará os datos deportivos e os idiomas galego e francés á aplicación, que agora distribúese en inglés e españo

As concelleiras de Promoción da Cidade e de Deportes, Anabel Gulías e Anxos Riveiro, reuníronse esta mañá coa Asociación de Hoteleiros de Pontevedra, a petición do colectivo, para falar dunha nova colaboración co Concello co fin de axudar a dar a coñecer a cidade no marco do Mundial de Tríatlon. Puxeron a disposición do Concello, gratuitamente, unha app de información turística propia – Soundwalkrs- que, até agora, era de uso para os seus clientes para que poida ser usada como aplicación “oficial”, como aplicación de referencia, no tríatlon

. “O Mundial de Tríatlon non é unha cuestión causal senón que é parte dunha estratexia deliberada por traer eventos deportivos a Pontevedra, unha maneira magnífica de dinamizar o turismo da cidade e polo tanto a nosa economía ” subliñou Anabel Gulías Unha visión que comparte a Asociación de Hoteleiros. Patricia Sierra, representante do sector, recoñece que “están involucrados nos beneficios que trae a desestacionalización (turística) acadada na cidade” grazas aos 7-8 anos de celebración de eventos deportivos na Boa Vila que fai que “teñamos unha ocupación bastante boa” ao longo do ano.

A dos hoteleiros e unha app de información turística baseada nunha experiencia “inmersiva” do visitante, que fai que coñezan a cidade dun xeito dinámico, divertido.. a través de segredos, xogos e participación activa, explicou a concelleira de Promoción da Cidade. Trátase dunha innovadora audioguía que distribúese en inglés e español e que, agora, co soporte do Concello vai a incorporar dous idiomas máis: galego e francés. Ademais integrará a información sobre os eventos deportivos e lúdicos do Mundial de Tríatlon.

Soundwalk é unha star-up tecnolóxica creada no ano 2014, que elixiu a Pontevedra como a primeira cidade e ter o seu modelo de guía “inmersiva” para a súa expansión intenacional en Europa, “ao compartir valores” de sostenibilidade e calidade, sinalou Piedad Rojas, da Asociación Soundwalk.

Coa app disporase dunha audioguía “inmersiva” -con contidos documentados por a historiadora Milagros Bará- e, a través de Explorer, terá xeo-referenciados todos os lugares das probas de tríatlon, actividades e citas lúdicas asociadas ao mundial.

As persoas interesadas en accesder a app Soundwalkrs poden facelo co código ncu457. Dispoñible nos sistemas iOS e Android.