- Instalaranse tres semáforos na estrada de Santiago á altura da Ferreira, de Casaldourado e outro que garanta os cruces na a marquesiña do transporte público.
- Aínda que se trata dunha estrada de Fomento, o Concello fará un investimento de máis de 200.000 euros para garantir a seguridade dos veciños e veciñas nesta transitada estrada.
O Concello de Pontevedra iniciará mañá os traballos de mellora da mobilidade peonil na N-550, estrada de Santiago, na parroquia de Lérez. Consiste na instalación de tres pasos de peóns con semáforos que permitan atravesar a estrada con seguridade, algo que non ocorre na actualidade.
O proxecto consiste na instalación de tres pasos con semáforos en:
- Ramallás coa Ferreira
- Casaldourado coa Cendona
- Á altura da marquesiña de transporte público.
Esta é unha histórica petición dos veciños de Lérez que se teñen concentrado nestes puntos reclamando ás administracións unha actuación. Aínda que se trata dunha estrada de Fomento que non autorizou a instalación de pasos sobreelevados, si permitiu colocar semáforos para garantir os cruces dos veciños, todos eles pasada a rotonda da avenida de Compostela con Médico Ballina.
O Concello decidiu asumir o custe desta intervención para seguranza dos veciños e veciñas, cun investimento de 208.000 euros.
Saúdos ;-))