O Concello recadará 176.000 euros coa nova taxa de telefonía móbil

45
  • Está pensada para todas as compañías de telefonía que empreguen o subsolo para poñer as súas canalizacións.
  • Entrou en vigor o pasado martes coa publicación no boletín oficial.

O Concello de Pontevedra xa ten en vigor a nova Ordenanza de telefonía móbil, logo da súa publicación, o pasado martes, no Boletín Oficial de Pontevedra. O proceso administrativo pechouse sen alegación ningunha, incluso por parte das catro grandes compañías ás que se lles comunicou individualizadamente.

A ordenanza permite o cobro ás compañías que empreguen as canalizacións que pasen por espazo público (subsolo), segundo os metros cadrados que ocupan. Para o cálculo da taxa, a administración recoñece a ocupación de 51.363 metros cadrados, polos que o Concello poderá recadar 176.162,40 euros ao ano.

A ordenanza entra en vigor dende o momento da súa publicación e poderanse empezar a liquidar as taxas dende o 1 de xaneiro.