Comezan as obras de mellora da seguranza e accesibilidade no Xistro

91
  • Está previsto reparar e ampliar a vía de Salcedo, dende a Ruibal até o lugar do Xistro, un investimento de 240.000 euros, imputables a un convenio coa Deputación

A Concello de Pontevedra iniciou nestes días os traballos para a mellora da seguridade e mobilidade peonil e rodada no lugar do Xistro, na parroquia de Salcedo.

O proxecto contempla unha actuación que vai desde Mollavao, pola Ruibal, até a zona do Xistro; un tramo viario -segunda parte das Estrigueiras- que inclúe dúas pontes que pasan por riba da autoestrada. Trátase dunha obra conveniada coa Deputación, que ten un custe de 240.800 euros.

A intervención contempla a instalación de medidas de calmado de tráfico (lombos), ampliación da senda peonil lateral nas pontes ás que, ademais, se dotarán de novos sistemas de protección (varanda exterior e separación do carril).

Hoxe en día as persoas que cruzan camiñando as pontes -que teñen unha calzada de 8 metros- fano por pasos peonís duns 60 cm. Logo desta actuación, pasarán a ser sendas de 1,5 metros e 2,5 metros (a cada lado), mentres que o espazo da calzada quedará reducido a 6,50 metros.

Ademais, o proxecto, complétase coa instalación de saneamento en viarios tramos.

“O noso obxectivo é que as persoas poidan circular cómodas e seguras”, subliñou o concelleiro de Salcedo, Alberto Oubiña, na presentación do proxecto.